Temas: IMAXE

A mostra de imaxes do Camiño chegará a Pontevedra, Ourense, Valdoviño e Fene

Máis de 4.000 persoas visitaron xa a exposición fotográfica “Vía Iacobitana” sobre o Camiño de Santiago

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 02/09/2016 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Máis de 4.000 personas visitaron xa a exposición fotográfica “Vía Iacobitana” sobre o Camiño de Santiago, que patrocina a empresa de augas Viaqua e a Xunta. Durante os meses de xuño, xullo e agosto percorreu as cidades e vilas como Santiago de Compostela, Ribadeo e Viveiro.

Peregrino no Camiño de Santiago nunha imaxe da exposición Via Iacobitana
Peregrino no Camiño de Santiago nunha imaxe da exposición Via Iacobitana | Fonte: xunta.gal

A mostra amosa o Camiño desde unha perspectiva artística contemporánea, realizada por fotógrafos galegos que se converteron en peregrinos para plasmar a súa particular visión e as sensacións que lles suxire a Ruta Xacobea. A través das imaxes recompiladas podense contemplar diversos itinerarios en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes, os romeiros, os veciños e o patrimonio cultural que atesouran desde a óptica persoal de cada autor, que lle imprime personalidade.

A exposición continuará o seu periplo por Galicia ata o vindeiro mes de decembro e poderá visitarse nas localidades de Valdoviño no presente mes de setembro; Fene, en decembro; e nas cidades de Pontevedra e Ourense, nos meses de outubro e novembro respectivamente.

Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta