Temas: TOURADA

Os animalistas aplauden o compromiso abolicionista de PSdeG, En Marea e BNG

Galicia, Mellor Sen Touradas e LIBERA! cren que un goberno tripartito remataría coa tauromaquia na comunidade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/09/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e a Asociación Animalista Libera aplaudiron o compromiso coa abolición da tauromaquia que xa amosaron as tres formacións políticas que están chamadas a entenderse nun potencial goberno alternativo ao Partido Popular: PSdeG, En Marea e BNG, logo de comprobar que entre as súas propostas programáticas aparecen referencias camiño da fin destes eventos.

Cadea humana contra as touradas en Pontevedra
Cadea humana contra as touradas en Pontevedra

No programa dos socialistas aparece un parágrafo no que se remata afirmando "regular esta materia para poñerlle fin alí onde se estea a producir". A inclusión deste texto no programa do PSdeG que lidera Xaquín Fernández Leiceaga supón reforzar a cooperación que a forza política mantivo con abolicionistas e animalistas durante a pasada Lexislatura, onde votou a favor da toma en consideración de dúas Proposicións de Lei que reclamaban finiquitar as touradas.

No terreo do BNG, as bases programáticas dos frontistas reflicten no apartado de "Novos dereitos avanzados a garantir na Galiza" a frase dunha "Galiza libre de touradas e de maltrato animal", que evidencia o interese dos nacionalistas por trasladar ao Pazo do Hórreo iniciativas semellantes no novo periodo lexislativo que se abriría a partires do 25S. O BNG foi o impulsor da proposta para vetar o acceso de nenos a eventos taurinos e trasladara a primeira proposición para prohibir a tauromaquia en 2013, só rexeitada polo PP.

Pola súa banda En Marea asume os principios básicos do proceso que agromou ao redor das chamadas Mareas en Común, onde se especifica "unha aposta clara pola abolición daqueles espectáculos nos que sexan maltratados." O partido instrumental reforza a súa promesa coa presenza de candidatos que xa defenderan propostas abolicionistas no Parlamento, como Antón Sánchez ou Eva Solla.

Neste senso, e a través dun comunicado, dende Galicia, Mellor Sen Touradas e LIBERA! subliñan a importancia destes posicionamentos" fronte a un lobby taurino que esmorece no país cada ano que pasa". "A feira taurina de Pontevedra, cada vez máis reducida, foi incapaz na súa edición de 2016 de rexistrar un só cheo mentras que en Valga sobrevive con apoio municipal unha solta-capea a pesares das queixas veciñais e políticas, que cuestionan o emprego de perto de 10.000€ para unha actividade que somete aos animais a un trato degradante", conclúen. 

Temas: TOURADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Vila

Víñan moi ben os votos de PACMA para loitar contra o Mal. Sería unha simbiose, eles votarían pola esquerda, a esquerda gobernaría abolindo as touradas. Eu respecto os votantes animalistas, pero pensádeo, por favor.

2 anonimo

Unos estan contra el aborto, otros contra los toros y otros contra el futbol. El hecho es que cada uno este contra lo que le de la gana que para eso es un pais libre, pero lo mismo que unos pueden econtrar argumentos contra el aborto, otros los pueden encontrar contra el futbol y otros contra los toros. el merito esta en convivir respetando las aficiones de los demas sin imponerlas ni prohibirlas. Y si algun dia se prohiben ha de ser con el consentimiento de la mayoria, porque no basta con los deseos de una minoria ruidosa e intolerante.

1 Guillerme Gintonic

E Lores o da UPG vai facer caso?

1 Ted Flanders

gallego: persona frustrada que descarga su inferioridad con el vecino y que no tiene "uitos" para plantear nin un mísero conflicto con cualquier marulo venido allende pedrafita. Dícese también del ser taimado, amargado, traidor, taimado, bellaco que conociendo sus limitaciones apunta a su lado a ver si no se fijan en él....en fin...típicamente gallego!!!!

2 nostrus

Ted Flanders. Yo creo que para hacer esa definicion te habras inspirado en el gallego que mejor conoces, que eres tu mismo, pero no pluralices, quedate con todo tu rencor y frustracion y no se la achaques a los demas porque la mayoria no somos como tú, aunque alguno habrá.

3 Nacho

O concello só pouco pode facer para prohibir as touradas. É á Xunta a quen corresponde, por vía lexislativa, levar a efeito a abolición dese horror e declarar Galiza territorio libre delas.