Presentada a primeira edición en inglés de ‘Follas Novas’, de Rosalía de Castro

A obra, 'New Leaves', foi traducida por Erín Moure e acaba de ver a luz na colección Galician Classics.

Por E.P. | Padrón | 05/09/2016 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A obra 'Follas Novas' de Rosalía de Castro foi traducida ao inglés na colección Galician Classics, nunha edición que acaba de ser publicada pola Xunta e o selo Small Stations Press. Este poemario foi traducido pola canadense Erín Moure, baixo o título 'New Leaves', nunha edición que foi presentada este luns na casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón (A Coruña).

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo (esq.), e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, coa edición en inglés de 'Follas Novas'
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo (esq.), e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, coa edición en inglés de 'Follas Novas' | Fonte: Xunta.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, fíxolle entrega este luns á Fundación Rosalía de Castro de varios exemplares do volume. Un texto sobre o que destacou que serve para "afianzar e expandir aínda máis a obra rosaliana no contexto internacional".

Ao respecto, destacou que esta novidade editorial se aborda con "entusiasmo" tanto pola Xunta coma pola editorial Small Stations Press, que dirixe Jonathan Dunne, no marco dunha colección conxunta de clásicos en galego que crece "ano tras ano". "Canto máis se coñeza, máis admirada e máis acollida vai ser a obra de Rosalía", dixo Lorenzo.

Este catálogo traducido ao inglés inclúe obras como 'Longa noite de pedra', de Celso Emilio Ferreiro; 'Cantares galegos', de Rosalía de Castro; 'Nimbos', de Díaz Castro, así como unha selección de poemas de Lois Pereiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

e se exportáramos tamén a Anxo Lorenzo ? é tan boíño que non solta a teta nin de coña !

2 Vila

A lingua galega é internacional. A nosa lingua é internacional.

1 BenFeito

Éste é o noso futuro: a exportación da nosa cultura, lingua e identidade.