Denuncian a programación dunha actividade pseudocientífica na Biblioteca de Pontevedra

Cinco organizacións asinan unha carta na que critican a organización dunha "conferencia sobre reiki, cuántica e outras 'terapias' enerxéticas" na Biblioteca Pública Antonio Odriozola.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/09/2016 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

Varias organizacións científicas e sociais veñen de denunciar a programación dunha actividade pseudocientífica na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, que acollerá este 7 de setembro "unha conferencia sobre reiki, cuántica e outras 'terapias' enerxéticas", segundo os denunciantes: Divulgacción – Asociación Galega de Comunicación e Cultura Científica e TecnolóxicaCírculo EscépticoSociedad para el Avance del Pensamiento Crítico (ARP-SAPC)Asociación para Proteger al Enfermo de Terapias Pseudocientíficas e Red de Prevención Sectaria y del Abuso de Debilidad (RedUNE).

Programación dunha actividade pseudocientífica na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.
Programación dunha actividade pseudocientífica na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

As cinco organizacións enviaron unha carta á biblioteca pontevedresa que, segundo os asintantes, "quedou sen resposta". Nela, denuncian que se trata dun "evento pouco apropiado para ser acollido por unha institución sostida con fondos públicos" e lembran que "o reiki é unha práctica pseudocientífica que trata de curar o paciente canalizando unha suposta 'enerxía vital universal' a través da imposición de mans" que non ten ningunha base científica e da que non se ten atopado "evidencia ningunha da súa eficacia".

"A medicina holística cuántica e a bioenerxía como medicina son unha fraude", advirten os asinantes, que subliñan que "este tipo de prácticas pertencen ao eido das crenzas e non poden ser consideradas fiables".

A Biblioteca de Pontevedra non deu resposta e mantén esta actividade na súa programación para este mércores, 7 de setembro, ás 19.00 horas, baixo o título "Os efectos positivos da cuántica". No seu espazo web da rede de bibliotecas públicas descríbese o evento como un "concerto-conferencia con cuncas tibetanas" no que haberá unha "conferencia sobre os efectos positivos da cuántica" a cargo de Thutam Guillamot —quen se describe a si mesmo na súa páxina web coma "facilitador de retiros espirituales y conexiones con la Naturaleza"—, coa colaboración de Kamala (cuncas tibetanas) e Inma Allo (terapias enerxéticas).

CARTA COMPLETA

Estimados señores,
Recentemente tivemos coñecemento de que a súa institución, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola acollerá o vindeiro 7 de setembro unha conferencia sobre Reiki, cuántica e outras “terapias” enerxéticas.
Supoñemos que a actividade foi autorizada polo centro dende a boa vontade, máis consideramos que é un evento pouco apropiado para ser acollido por unha institución sostida con fondos públicos.
O Reiki é unha práctica pseudocientífica que trata de curar o paciente canalizando unha suposta “enerxía vital universal” a través da imposición de mans, chegando a afirmar que pode curar tan só cun alento, cunha mirada e tamén a distancia. Os que ofrecen estas terapias tratan de convencer da súa grande potencialidade para curar moitas enfermedades, incluidas enfermidades graves coma o cancro ou a sida. Non obstante, a revisión sistemática de probas clínicas (dobre cego) non ten atopado evidencia ningunha da súa eficacia. A medicina holística cuántica e a bioenerxía como medicina son unha fraude.
Este tipo de prácticas pertencen ao eido das crenzas e non poden ser consideradas fiables. Se estas pseudociencias son presentadas como métodos alternativos de curación, o perigo potencial é significativo.
Segundo a UNESCO, as bibliotecas públicas nacen para responder á necesidade e ao dereito de toda a cidadanía de participar do coñecemento. Tamén para sensibilizar a poboación, entre outras, das innovacións tecnolóxicas e os logros científicos. Acoller eventos sobre estes pseudotratamentos que ofrecen “terapias” alternativas pode levar á confusión e fomentar o abandono da medicina real, ao trasladar as esperanzas a un milagre baseado en “técnicas” non fiables.
Quedamos á súa disposición para achegar toda a información que consideren necesaria.

Reiki
Reiki | Fonte: Pixabay.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Una

Hola La terapia reiki está implantada en muchos países y hospitales. En España, sobretodo en Madrid y Barcelona, aunque en muchísimas ciudades lo hacen, principalmente enfermerxs dan reiki a pacientes, al igual que voluntarios. Pongo vídeos más abajo de hospitales como Puerta del Hierro, Ramón y Cajal, y el primer vídeo del hospital de Alcalá de Henares, habla a partir del minuto 3 una médico anestesista que aplica reiki a sus pacientes. También en Madrid y Barcelona (de nuevo principalmente), la mayoría de los psicólogos tienen algún nivel de reiki. No entiendo a que viene tanto miedo. Fue una una simple conferencia gratuíta. Tranquilxs. AMOR y LUZ https://www.youtube.com/watch?v=F04... ... https://www.youtube.com/watch?v=Xyc... https://www.youtube.com/watch?v=Fhn... https://www.youtube.com/watch?v=wFZ...

2 ted flanders

En efecto, el famoso doctor maligno además del secretario general de la upg que ya manifestaron en el pasado su odio por cualquier avance científico (recordemos sus ataques contra la luz eléctrica y el uso de la internet) se han confabulado para alienar aún más a los pontevedreses todos bajo el yugo de la hordas marxistas del bloque, se rumorea que el famoso malvado "octupus" -qué gallego el tío- ha prestado su ayuda a tan malvada causa.

1 Tiago

Seguro que Benito Lobera está detrás del asunto