Amancio Ortega supera a Bill Gates como o home máis rico do mundo, segundo Forbes

O fundador de Inditex supera ao creador de Microsoft ao acadar unha fortuna de 78.600 millóns de dólares (69.860 millóns de euros).

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/09/2016 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O fundador de Inditex, Amancio Ortega, superou o empresario estadounidense Bill Gates como o home máis rico do mundo na lista elaborada pola revista 'Forbes', despois de que a súa fortuna alcanzara os 78.600 millóns de dólares (69.860 millóns de euros), fronte aos 78.500 millóns de dólares (69.776 millóns de euros) do patrimonio do cofundador de Microsoft.

Amancio Ortega, propietario de Inditex
Amancio Ortega, propietario de Inditex

Deste xeito, o empresario galego recupera o primeiro posto do ranking en tempo real elaborado por 'Forbes' que brevemente xa ocupou en outubro de 2015, despois de que na última semana as accións de Inditex se revalorizaran un 3,2%, mentres as de Microsoft acumulan un retroceso do 0,7%.

Segundo 'Forbes', a fortuna de Amancio Ortega aumentou este mércores en 1.200 millóns de dólares (1.067 millóns de euros), o que equivale a un incremento do 1,5%, ata os 78.600 millóns de dólares (69.860 millóns de euros).

Pola súa banda, o patrimonio de Bill Gates estimado por 'Forbes' caeu en 123 millóns de dólares (109 millóns de euros), un 0,2%, ata 78.500 millóns de dólares (69.776 millóns de euros).

En comparación co listado anual correspondente a 2016, publicado pola revista o pasado mes de marzo, Amancio Ortega aumentaría a súa fortuna en 11.600 millóns de dólares (10.311 millóns de euros), mentres que Bill Gates sería 3.500 millóns de dólares (3.111 millóns de euros) máis rico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta