Galicia revive a traxedia de Angrois cun novo accidente de tren no Porriño

Cando menos catro mortos e medio cento de feridos ao descarrilar un tren no Porriño. A locomotora chocou contra un poste nunha zona de gran visibilidade. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/09/2016 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Catro persoas faleceron e medio cento resultaron feridas na mañá deste venres tras descarrilar un tren de pasaxeiros no termo municipal do Porriño (Pontevedra). Un dos mortos é o maquinista.

Tren descarrilado no Porriño
Tren descarrilado no Porriño | Fonte: Vigoalminuto

Segundo os primeiros datos facilitados por Renfe a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 9,30 horas. O sinistrado é un tren de pasaxeiros que facía a ruta Vigo-O Porriño.

A Consellería de Presidencia da Xunta confirmou que hai constancia de dous falecidos e varios feridos ao envorcar dous vagóns e quedar outros dous semivolcados. Con todo, o número de mortos podería ser moito maior.

ANGROIS

Trátase dun accidente moi similar ao ocorrido en Angrois fai xa tres anos, xa que o ferrocarril chocou contra un poste de alta tensión nunha zona cunha recta con ampla visibilidade. Polo momento descoñécense as causas do accidente.

Persoal de emerxencias atende aos feridos do tren descarrilado no Porriño
Persoal de emerxencias atende aos feridos do tren descarrilado no Porriño | Fonte: vigoalminuto

 

Até a zona desprazáronse servizos de emerxencia que están a traballar nos labores de evacuación dos feridos. Alí chegaron unha ducia de ambulancias e un helicóptero medicalizado que tivo que aterrar nas instalacións dun supermercado próximo.

Accidente de tren no Porriño
Accidente de tren no Porriño | Fonte: Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

14 anonimo8602

Los foros - los de este medio y los de otros - son algo que está entre la repanocha y la cloca. Hay un accidente como éste, y en un minuto ya hay una legión de cuñaos que nos aleccionan acerca de las causas. Lo hacen mucho antes que expertos en la materia hayan llegado a alguna conclusión, tarea que les lleva meses, cuando no años; ya sabemos que a estos cuñaos no les dan ningún premio Nóbel porque es poquita cosa para ellos. Y luego están las ratas partidistas que con la misma diligencia que los cuñaos culpan al gobierno de turno, en especial si estamos en campaña electoral. También desconocen las causas, no obstante antes de que la investigación esté cerrada tienen la certeza de que la culpa es del gobierno de turno; Fríker Jiménez y su elenco de acólitos son, en comparación, unos irredentos cartesianos.

1 Penasillas

Certo, hai moito aproveitador das desgrazas. Un noxo de comentarios, imaxinemos que un obstaculo fortuito ou intencionado por un terceiro provocara o accidente. Culpar politicos sen saber as causas non semella axeitado. Agora ben, hai exemplos de politicos noxentos: antecedentes (Angrois e o PP e o PSOE, Yack e o PP), e presentes (avoitres carroñeiros que se presentan pola foto: desde Feixo a Ponton, pasando polo Raxoi). Sexamos xustos e agardemos para culpar (se nos deixan saber, que non sempre deixan no PPsoE). Mentras teñan calma, sen esquecer Angrois.

13 Chuchu

Ao final vai pasar o que pasou co Yak, co metro de Valencia, Angrois... A culpa è do Chacha Cha e ata a proxima. Tal e como tèmolas infraestricturas sumado a impunidade, a pròxima pode estar á volta da esquina.

12 Gamela

Cantos mortos máis imos ter que enterrar ? Historia dun SILENCIO CRIMINAL http://cabozo.com/taboext.php?grupo...

11 chinochano

Un país e unha sociedade terceiromundista teñen vías e trens terceiromundistas. Éche o que hai. DEP as pobres vítimas.

10 PedroC

Cando chegue a hora de investigar esta traxedia xa todos sabemos o que vai pasar: PP: a culpa será do maquinista ou calquera outro traballador. Non asumirán ningún tipo de culpa nin de broma. Non vai no ADN da dereita española a asunción de responsabilidades, iso sábeo ata un neno de dous anos. PSOE: non lle levarán a contraria ao PP polo que lle poida pasar: tiveron responsabilidade no goberno e nin pedirán comisións de investigación nin denunciarán nada. Marea: mirarán para outro lado e agardarán ao que lle digan os seus capos alá por españa. Actuarán con tibieza e moderación, coma sempre. Moito lirili e pouco lerele. BNG: o de sempre: estará alí onde o precisa a cidadanía. Reclamará e denunciará o que sexa necesario. Estará a carón das víctimas e seguirá poñendo o dedo no ollo da mafia que nos goberna.

1 Comunista

O "comentario" anterior é un claro exemplo da baixísima catadura moral dos trolls a soldo do BnG, que antepoñen o seu fanatismo cego á dor das vítimas. Noxo.

2 Balbino

E unha verdade coma un templo, de no ser polo BNG o de Angrois estaría esquecido, nunca un partido político con tan pouco apoio fixo tanto, a hipocresía deixedea para outro día.

3 PedroC

Non traballo para o BNG, zoquete¡¡¡ Xa me gustaría saber para quen traballas ti. E aprende a ler, españolito. Volvo a dicir que o único partido que estará sempre a carón das víctimas é o BNG. Preguntádelles aos de Angrois, a ver que te din. Ti non es ninguén para dar clases de catadura moral, só es un ciberpailán

4 comunista independentista

Non convencedes a ninguén, tan só vos queda o insulto ravioso. O pouco que queda do Bloque está incapacitado para reclamar, denunciar ou por o dedo no ollo da mafia que nos goberna por unha simples razón (de peso): é unha organización política completamente condicionada polos seus pufos millonarios coa banca española, o único Amo do BNG. O can non morde da man que lle dá de comer, sipaios.

5 Penasillas

Comunista troleiro, xa pediches a dimision da deputada insultadora que atende por Pam? Ou es dos que encobre a impresentable señorita das Mareas? Por certo, para axudarche, a eurodeputada do BNG que tanto se moveu polas victimas de Angrois, hai que recoñecelo, esta na porta de saida do BNG ou na de entrada das Mareas, hai que roelo!