Feijóo acapara a atención no #DebateCRTVG en Twitter

O líder do PPdeG centrou a conversa nesta rede social durante as horas do debate, acadando máis mencións directas que o resto de candidatos á Presidencia da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/09/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O debate electoral a cinco que emitiu a CRTVG a pasada noite tivo un claro gañador en Twitter: Alberto Núñez Feijóo. O candidato do PPdeG foi quen máis atención acaparou durante as case tres horas que durou o debate, proxectado nesta rede social co hashtag #DebateCRTVG.

Visualizacón da propagación de mensaxes co hashtag #DebateCRTVG, cos nodos principais destacados.
Visualizacón da propagación de mensaxes co hashtag #DebateCRTVG, cos nodos principais destacados.

GC monitorizou en tempo real a propagación de chíos con esta etiqueta e recompilou 3.500 mensaxes orixinais publicadas durante a retransmisión pola TVG e Radio Galega. Entre o total de tweets, as mencións ao actual presidente da Xunta e rechíos dominaron a conversa en Twitter. Entre o total de mensaxes recompiladas coa etiqueta #DebateCRTVG contabilizamos 542 mencións directas á conta de Twitter do actual presidente da Xunta, @FeijooGalicia. Por detrás, o candidato de En Marea, Luís Villares (@VillaresLuis), acadou 344 mencións directas, seguido polo socialista Xoaquín F. Leiceaga (@Leiceaga2016), cuxa conta recibiu 219 mencións; a voceira do BNG, Ana Pontón (@anaponton), con 194, e por último, a candidata de Ciudadanos, Cristina Losada (@christinalosada), con 120.

Por medio destas dúas últimas, entre Pontón e Losada, coláronse as contas do PPdeG, con 171 mencións directas; En Marea, con 165; TVG, con 164, e BNG, con 128. Logo, con 120 mencións se situou a conta do PSdeG e con 103 a de Ciudadanos Galicia.

Se sumamos as mencións ás contas dos candidatos e dos seus partidos, obtemos en primeiro lugar a Feijóo+PPdeG, con 713 mencións directas, seguido de Villares+En Marea, con 509; Leiceaga+PsdeG, con 339; Pontón+BNG, con 322, e Losada+Ciudadanos Galicia, con 223.H

As mencións a cada candidato son indicios do poder de atracción que xeran as súas contas en Twitter entre partidarios e detractores, de xeito que quen máis referencias obtén é quen acada máis atención e presenza na conversa, focalizándose o debate sobre a súa persoa e restándolle protagonismo aos outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta