Un técnico da CIAF afirma que “todo apunta a un exceso de velocidade” como causa do sinistro no Porriño

Un técnico da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios asegura que o seu labor "non é buscar culpables", senón detectar problemas e "debilidades".

Por E.P. | O Porriño | 13/09/2016 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Un técnico da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) afirmou este martes que "o único que se sabe", en relación ás causas do sinistro do 'Tren Celta' o pasado venres no Porriño (Pontevedra), "é que todo apunta a que foi un exceso de velocidade". Así o manifestou o técnico Edmundo Parras á súa chegada aos xulgados do Porriño para asistir, xunto con representantes de Renfe; Adif e Comboios de Portugal, á obtención dos datos da caixa negra do tren.

Traslado de feridos no tren descarrilado en Porriño
Traslado de feridos no tren descarrilado en Porriño | Fonte: vigoalminuto

Parras explicou que o labor da CIAF, na que hai funcionarios en activo e xubilados expertos en ferrocarril, "non é buscar culpables", senón detectar problemas e "debilidades" para "facer recomendacións que melloren o sistema ferroviario".

Hoxe é o día no que se obteñen os datos da caixa negra en presenza da titular do Xulgado de Instrución Número 2 do Porriño que investiga o accidente. Neste sistema de rexistro quedan gravados datos como velocidades e distancias; así mesmo quedaron plasmadas as posibles chamadas dende o teléfono 'tren-terra' aos postos de mando.

Mentres, os restos do convoi accidentado permanecen na estación de ferrocarril de O Porriño custodiados pola Guardia Civil, á espera da autorización xudicial para o seu traslado a dependencias de Renfe en Redondela (Pontevedra).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta