"ALEA IACTA EST"

Preto dun 30% dos pais quere que a ensinanza dos seus fillos sexa só en castelán, fronte a un 20% que quere que se faga só en galego. Case o 50% aposta polas duas linguas tanto na ensinanza Primaria, na secundaria como na Formación Profesional. Estes son os datos da enquisa encargada por Educación e que deu hoxe a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.  Gaña, pois, o ensino bilingüe tal e como resalta a propia Xunta nun comuicado de prensa. Podes ver o informe completo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

13 alfonso

"minorías radicais"?? non, que o 50% quera monolingüismo é o resultado de que algo tan grande coma o noso maior patrimonio cultural puxérase en entredito -polo pp primeiro xa que foi o que sacou o plan de normalización lingüística e non o quiso levar a cabo e logo por bloque e soe por non atopar o consenso co pp- e orixinase unha guerra lingüística que non lle vai facer ben ningún. Para min o resultado é un fracaso da sociedade galega que demostra a súa intolerancia e ogallá serva de lección e non se volva a repetir algo similar NUNCA MÁIS! Por certo espero que non se lles ocurra separar ós rapaces por linguas, sería entrar nun estado de Tolemia Total ademais terían que cambiar a lei de normalización lingüística que aposta por non separar ós rapaces por custión da lingua. Ata logo!

12 montoya

la encuesta tampoco dice eso. primero, quien no quiso responder a la encuesta fue por puro desprecio político al gobierno que la convocó, no por que se le coartara su posibilidad de opinar. eso es como no ir a votar y luego decir que eso le legitima a uno a no acatar las leyes. una tontería como la copa de un pino.

la lectura esencial es que la gente quiere que la enseñanza pública conjugue las dos lenguas, en un espectro mayoritario de los consultados. quedémonos con esa visión. el resto son minorías radicales, por uno y otro bando.

11 anónimo

Me parece que en GC no sabeis leer o estais rabiosos por los resultados de la encuesta:
La realidad es muy simple: la mayoría de los gallegos quieren que sus hijos estudien todo o mayoritariamente en castellano.

Ajo y agua chavales.

10 anonimus

Certo Un que ten,moi certo,rectifico Galicia falou fai uns meses,concretamente o 1M.
Agora falaron os pais.

9 Farsa

Vaia farsa, mais ben propia do rexime iraní, mentiras, oscurantismo no reconto e moita demora, empresa ubcontrada por outra empresa para o reconto , censura, demagoxia e sementeira de odios onde non había