PONTEVEDRA | 15/09/2016 | Actualizada ás 18:17 por EUROPA PRESS
Cáritas abriu no número 22 da rúa Eduardo Pondal de Pontevedra unha tenda de segunda man e restos de stock, promovida pola entidade a través do proxecto denominado 'Arroupa'.
Na inauguración destas dependencias participaron Jesús García Vázquez e José Anuncio Mouriño Rañó, delegado episcopal e director diocesano de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.
Esta iniciativa da Fundación Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela (Cadisan) persegue a asistencia, o fomento da economía social e a promoción e atención ás persoas en risco de exclusión social.
A tenda da cidade do Lérez contribuirá a xerar emprego para persoas en risco de exclusión social, que é o fin último que busca este proxecto coa incorporación ao mercado laboral deste colectivo proporcionándolles un traballo remunerado, a formación e acompañamento necesarios para a mellora das súas condicións de empregabilidade.
O material téxtil recollerase nos 56 roupeiros de Cáritas e en case un centenar de colectores que se van instalar en toda a diocese. Na planta clasificadora e de tratamento, situado nunha nave do Polígono Industrial do Tambre de Santiago, o material dividirase entre aquel que é reutilizable e o que non o é, que será reciclado.
A venda que se xere nestas tendas será unha parte importante para o soporte económico da empresa. Os recursos económicos que se obteñan serán reinvertidos en inserción laboral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.