Feijóo tamén gaña en Twitter con folgura

O líder do PPdeG é o máis popular entre os candidatos a presidir a Xunta e acapara o 41% das mencións, seguido po Luís Villares, de En Marea, que consegue o 22%, nunha mostra representativa de 11.320 chíos recollidos entre o 9 e o 18 de setembro con mencións directas aos principais cabezas de cartel.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 19/09/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Non só as enquisas lle son favorables a Alberto Núñez Feijóo. As redes sociais son outro campo de batalla e termómetro da contenda política e aí, o candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta tamén se impón en popularidade aos seus rivais con insultante folgura, a que lle dan os seus partidarios, pero tamén os seus detractores, cando menos en Twitter. Feijóo nunca foi un gran usuario de Twitter, actividade que só reserva para épocas de campaña electoral autonómica. Pero lle basta para espallar a súa imaxe dixital por todos os recunchos e facerlle sombra aos seus contricantes. Del fálase máis que de ningún outro —como se acostuma dicir, "que falen de min, aínda que sexa mal"— e é quen centra as conversas e a atención en Twitter, en plena disputa electoral. Cabe preguntarse pois, se non son só os simpatizantes e os medios de comunicación quen máis popularidade lle dan a Feijóo en Twitter, senón tamén os seus adversarios, ao focalizar boa parte das súas mensaxes no líder do PPdeG.

GC puido recoller unha mostra de 11.320 chíos publicados entre o 9 de setembro —día no que se iniciou a campaña— e o 18 deste mes, nos que se mencionan directamente os perfís dos principais candidatos á Presidencia da Xunta: Alberto Núñez Feijóo (PPdeG), Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG), Luís Villares (En Marea), Ana Pontón (BNG), Cristina Losada (Ciudadanos) e Xoán Bascuas (Compromiso por Galicia). E nesta mostra representativa, Feijóo gaña por goleada aos demais, co 41% de todos os chíos mencionando a conta do candidato popular, case o dobre que o segundo, Villares, quen acapara o 22%.

Trátase dunha mostra representativa e aleatoria, non do total de chíos publicados neste período de tempo, pero dada a súa amplitude, dá unha idea clara da popularidade duns e doutros en Twitter. Así, dos 11.320 tweets analizados, atopamos 4.679 mencións directas a @FeijooGalicia, é dicir, o 41% do total. Por detrás, @VillaresLuis acadou 2.498 mencións, isto é, o 22%. Tras o candidato de En Marea ábrese outra fenda importante co resto de candidatos. E chama a atención que é a líder de Ciudadanos en Galicia, Cristina Losada (@christinalosada), quen ocupa a terceira posición con 1.721 mencións, é dicir, o 15% do total, superando ao socialista Xoaquín F. Leiceaga (@Leiceaga2016), para cuxa conta contabilizamos 1.403 referencias, o 13% de todas as recollidas nesta mostra. No caso da líder do BNG, Ana Pontón (@anaponton), son 923 mencións, isto é, o 8%. Por último, o candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas (@Xoan_Bascuas), goza de moi pouca popularidade, acadando tan só 96 mencións, que case non chegan ao 1%.

Feijóo é tamén quen máis seguidores ten nesta rede social, con 10.027, seguido por Ana Pontón, con 6.6628; Cristina Losada, con 6.543; Villares, con 5.420; Bascuas, con 3.965, e por último, Leiceaga, quen suma tan só 1.379 no seu perfil electoral, se ben o candidato socialista ten outra conta persoal, @XoaquiFLeiceaga, que é seguida por 2.193 usuarios. Son datos de hoxe, 19 de setembro.

Velaquí os resultados visualizados en gráficos:

Popularidade en Twitter dos candidatos á Presidencia da Xunta nas eleccións de 2016 | © Galicia Confidencial.
Popularidade en Twitter dos candidatos á Presidencia da Xunta nas eleccións de 2016 | © Galicia Confidencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 pinoito

Normal.¿Quen vota a Feijoo?Vostedes non ven a un home cunha imaxe de vello de vellas ideas e incapaz de pilotar un futuro. A quen se lle ocorre que feijoo non vai a esmagar o elctorado , que apoios vai ter a nivel goberno central se a dereita non vai gobernar. Cun pouco de sorte os recortes chegaran os funcionarios, labregos, e autónomos.

5 eusi

Os boots falsos usados polos PPodres están traballando arreo para darlle unha notoriedade que non tén: os vellos que lle votan non teñen internet, e os novos ben se nota que non son eles quen escriben. PPaoPParo

4 narcopresidente

Normal que un narcopresidente do cártel sexa o máis popular, menuda verghonsa

3 Académico

O menos que podía facer o candidato da Marea era galeguizar o apelido. Nesto aínda é peor que Feijoo, que o deixa en portugués. Vilares soa moi ben.

1 Luis Valeiras

Si, agora vai ter a culpa Villares de que gañe Feijoo, jaja. O problema e que estamos en unha Terra atrasada, onde o caciquismo cogia un papel primordial cuanto cos Medios de Comunicación, q están todos en maus do PP, as TVs nacionalismos, a TVG e as privadas, por non falar das radios e da prensa, que coas subvenciós da Xunta cos nosos cartos, adulan a Feijoo e o PP. E isto e so unha das cousas porque en Galicia levamos tantos años de PP, pero hai moitas mais.

2 eusi

os carneiros desesperados xa non saben que dicir: mirade cantos benegallos-upegallos traballan nas institucións expañolas, Inem, xulgados, universidades, renfe, etc, etc. Estades desnortados, aparvados e afundidos na m_rda, por carneiros!

2 Carlos M.

A reportaxe en si pouco aporta a non ser que se explicite se os chíos que mencionan a Feijóo son en positivo o negativo, que é o que inflúe. Saúdos.

1 Anonymous

A análise de sentimento está desfasada e non é, cando menos de momento, fiable, aínda menos no caso dunha lingua como a galega para as ferramentas que existen, centradas en linguas como o inglés ou o español. Sería máis oportuna a análise semántica que a de sentimento. En todo caso, ás veces os datos máis 'simples' son os máis valiosos, e aquí o importante é que se fale dun máis que dos outros, que para iso están en campaña, porque así estás centrando toda atención sobre ti e réstalles protagonismo aos demais. E que Feijóo sexa quen ten máis seguidores usando só a conta cada catro anos tamén é un indicio do seu maior poder de atracción, sumado ás mencións. Que a oposición vai falar mal de un é obvio, que se obsesionen en facerlle publicidade de balde a Feijóo e en falar máis del que de propostas non o era tanto. E mal que lle pese a moitos, ás veces parece que é a oposición a que lle fai máis publicidade a Feijóo que el mesmo.