Atopan restos humanos da época romana na Lanzada

A escavación arqueolóxica da Lanzada acaba de sacar á luz os restos dunha muller nova e dun bebé que poderían cambiar o estudo da historia romana en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 20/09/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Os arqueólogos atoparon este luns un esqueleto case completa dunha muller nova, Cornelia, e este martes, os restos dun bebé, a cinco metros de onde se fixo o primeiro descubrimento. Os ósos atopados poderían datarse no século I DC.

Restos dun esqueleto dunha muller, Cornelia, atopados na Lanzada, que poden datarse no século I DC
Restos dun esqueleto dunha muller, Cornelia, atopados na Lanzada, que poden datarse no século I DC | Fonte: DEPO

Segundo o arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, estes descubrimentos “permitirán contar a historia das galegas e dos galegos, poñerlle cara ás e ós protagonistas reais do que aconteceu neste territorio”. Máis en Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Estralampa

Umas luvinhas de goma e já evitariamos a contaminação com ADN dos prezados vestígios.