Denuncia á Xunta por pedir documentación en castelán para “evitar dilacións”

ADEGA e A Mesa cualifican de “intolerábel” o desleixo do Goberno do PPdeG no cumprimento da súa función normalizadora contemplada na Lei de Normalización Lingüística.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/09/2016 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

ADEGA e A Mesa pola Normalización Lingüística acaban de denunciar un novo caso de “discriminación, imposición e chantaxe lingüistica” por parte da Xunta na tramitación dun expediente administrativo.  

Adega e A Mesa denuncian un caso de discriminación lingüística por parte da Xunta
Adega e A Mesa denuncian un caso de discriminación lingüística por parte da Xunta

Nun escrito remitido pola Xunta a ADEGA na tramitación da declaración Utilidade Pública desta asociación ecoloxista, a Vicepresidencia e consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza solicita o achegamento da documentación -inicialmente presentada en galego- en castelán, “coa fin de evitar dilacións na tramitación do procedemento”.  

Segundo informan estas entidades nun comunicado, a Xunta xustifica a súa petición en que o Ministerio de Facenda, que debe emitir informe, “está a requerir a documentación en lingua castelá”. “Cómpre subliñar que o órgano substantivo para resolver este procedemento é a Xunta, e por iso sorpréndenos que sexa a propia administración galega a que inste a usar o castelán fronte ao galego para axilizar trámites”, critican.

Dende ADEGA e A Mesa lémbranlle á Xunta o disposto no artigo 36.1 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común que apunta que “os interesados que se dirixan aos órganos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma poderán tamén empregar a lingua que sexa cooficial nela. Neste caso, o procedemento tramitarase na lingua elixida polo interesado. (…)”.

ADEGA e A Mesa cualifican de “intolerábel” o desleixo da Xunta no cumprimento da súa función normalizadora contemplada na Lei de Normalización Lingüística de 1983 e no Plano Xeral de Normalización de 2004. “A administración galega, que debería se a primeira defensora da legalidade e valedora dos nosos dereitos lingüísticos, amósase cómplice coa actitude discriminatoria de Facenda ao promover a utlización do castelán para evitar dilacións, nun claro exercicio de imposición e chantaxe lingüística”, denuncian.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

“Trátase doutro exemplo de que 'en castellano, no hay problema', mais desta volta perpetrado coa complicidade da mesma administración galega, que precisamente ten a encomenda legal de defender a nosa lingua”, conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 nostrus

foranostrus. Eu a ti non te vou insultar porque non fai falla. Eu defendo que cada cidadan use a lingua oficial que lle pete. Explica ti si un unha persona que veña de Madrid deberá ter a obriga de comprender o galego. Anonimo, los españoles renegados es normal que tengais rabia, pero eso no os excluye ni de ser españoles ni que dejeis de sufrir

1 teutonio

Que nostrus, desta vez non hai nin por onde saír pra defender este caso de discriminación?, poden estes cidadáns usar a lingua que lle pete con liberdade? e aínda menos mal que nos imponen el gallego.

2 Ghesús Alonso Muentero

Explica ti se un galego ten que estar obrigado a entender o castelán... ai, si que está. Libertá pra uns, imposición do castelán pra todos.

3 Manolao

Tamén lle pido a Nostrus, como fai foranostrus, que nos explique a nova campaña de Galicia Bilingüe en institutos de Vigo. Parece ser que está presionando ás direccións para que incumpran o exiguo decreto do plurilingüismo aceptando todos os libros en castelán e que o alumno non se examine en galego, ou faga traballos en galego, fóra da materia específica de Lingua Galega. Que nos podes dicir disto, xa que pertences a Galicia Bilingüe?

1 anonimo

¿en qué instituto? primera noticia que tengo y vivo en Vigo. Si lo hicieran me parecería cogonudo, pero me parece que estás imaginando cosas

2 Anonimo

Anónimo en todos los de Vigo porque en Vigo sois unos hi ojos de pu ta que venís de fuera a comer de la citroen iros para España españoles hi jos de pu ta

2 foranostrus

nostrus, paiaso mais que paiaso, donde estas ti agora para denunciar isto?

1 Ghesús Alonso Muentero

Nos imponen el gaiego. Si sólo fuese oficial el casteiano no habría estes poblemas.