El Correo Gallego "contra o galego"

O Concello de Ferrol organiza unha serie de roteiros históricos na cidade nos que lembra a oposición deste xornal ás actividades das Irmandades da Fala.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 22/09/2016 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A cidade de Ferrol quere homenaxear ás Irmandades da Fala co programa "Ferrol coas Irmandades da Fala", unha serie de roteiros que se celebrarán os sábados do próximo mes de outubro. Uns roteiros que, nunha das sesións, terán como protagonista ao xornal El Correo Gallego, baixo o lema 'El Correo gallego contra o galego', lembra como este medio, entón con sede en Ferrol,  atacou en 1917 a este grupo de activistas porque "defender os intereses galegos era un crime de lesa patria". Máis en HdG.

Unha das xuntazas das Irmandades da Fala
Unha das xuntazas das Irmandades da Fala | Fonte: intergalcome.uvigo.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hermerico

Sempre fôrom fachas