O Concello da Pobra esixe unha “rectificación” a Cuatro por cualificar a vila como “capital española do narcotráfico”

Os catro grupos políticos da corporación municipal asinan unha declaración contra o tratamento recibido no programa de televisión "En el punto de mira".

Por E.P. | A Pobra do Caramiñal | 29/09/2016 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

Os catro grupos políticos que compoñen a corporación municipal da Pobra (A Coruña) acordaron unha declaración institucional na que reclaman unha "rectificación" dos cualificativos que un programa de televisión sobre a desaparición de Diana Quer atribuíu á localidade. Así anunciárono dende o goberno local en referencia ao programa de Cuatro 'En el punto de mira', no que, ao analizar o caso da desaparición da moza madrileña Diana Quer, referíronse á Pobra como a "capital española do narcotráfico" e aseguraron que tiña uns índices de criminalidade "disparados".

A Pobra do Caramiñal
A Pobra do Caramiñal | Fonte: Turismo de Galicia.

A Corporación da Pobra criticou este tipo de comentarios "despectivos e falsos" sobre o municipio, unha cuestión que afecta negativamente a este municipio e a "tódolos da ría de Arousa", polo que pediron unha rectificación.

"Non só entendemos a indignación de todo o noso pobo, tamén a compartimos. Podedes ter a seguridade de que a totalidade dos vosos representantes políticos actuarán para defender a imaxe do noso concello fronte ao mundo", dixeron dende a Casa do concello.

No pleno deste xoves presentárase para a súa aprobación unha declaración institucional acordada entre todas as forzas políticas para evidenciar o malestar e "rexeitamento" a estes comentarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Menos dramas

Aínda hai xente que se sorprende da visión estereotipada e estranxeira que teñen do noso país os españois? Calquera que vivira fóra de Galicia sabe o que hai e, que queredes que vos diga, non me preocupa demasiado. O preocupante é que os galegos asuman eses estereotipos e se identifiquen con eles, minando a súa autoestima. En España Galicia é terra ignota e necesita ser explicada a través de estereotipos, que son mecanismos para simplificar a realidade. O preocupante sería que non tivésemos identidade que explicar haha

1 Fartito

En cambio no pide rectificación a las cadenas fascistas que la llaman Puebla del caramiñal

1 Galahaz

Si, pero os que no seu día decidiron oficializar a castrapada de "Pobra" tamén deberon ficar descansados. Por outro lado, até o carallo xa do caso este de Diana Quer. Todo porque é unha "niña bien" filla dun rico construtor de Madrid amigo dos Aznar. Oxalá tamén se empregaran todos os medios posíbeis cando desaparece un "plebeo".

2 Secundino

No esforzo por fuxir do que coidaban portugués, povoa, cairon na Pobra ou Pobre do Caramiñal. Coitadiños!!! Semella o nome dunha telenovela de America do Sul: La pobre del cañaveral. No que levan razón é no da capital española do narcotrafico...Internacional!!