Carmela Silva: “Non é digno querer quedar e manterse nas barricadas”

A presidenta da Deputación de Pontevedra arremete coa presidenta da xestora do PSdeG e pídelle que deixe de chantaxear, dimita e deixe paso a unha nova dirección xa que non ten o apoio de Ferraz. Por iso, advirte que non vai a haber “congreso exprés” nin en Galicia, nin en Madrid, xa que o que precisa agora o PSdeG é “recuperar a credibilidade”.

Por Xurxo Salgado | Pontevedra | 04/10/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Semella que, tras o acontecido en Madrid, tamén está quente a situación do PSdeG?
Pois eu quero facer unha chamada á serenidade e responsabilidade. Estou moi sorprendida do que a presidenta da xestora di que queda e pide lexitimidade. Unha lexitimidade que non ten porque os cidadáns falaron moi claro o 25 de setembro e deixaron claro que o proxecto que ela defendía non ten o aval da cidadanía xa que acadou o peor resultado da historia do PSdeG. Agora non ten lexitimidade. Foi nomeada por un órgano que era a Executiva Federal  de Pedro Sánchez, que xa dimitiu.  Polo tanto, en vez de facer chamamentos á lexitimidade, debería tamén dimitir. Como militante merece todo o meu respecto, pero xa non vale para dirixir unha xestora que caducou.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra | Fonte: infohispano.com.ar

Pero, dixo que non dimitía?
Haberá que analizar a situación. Antes de dicir nada volvo a facer un chamamento á presidente da xestora a que actúe con responsabilidade porque non é digno querer quedar, manterse nas barricadas e agarrarse ao poder dunha xestora fracasada e sen credibilidade. E nós o que precisamos agora é recuperar a credibilidade e, así, non o imos conquerir.

Hai quen xa saíu na súa defensa, como a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Semella que o PSdeG tamén está partido á metade?
Iso foi o que conseguiu ela. En Galicia había proxecto en marcha que estaba espertando ilusión e a presidenta da xestora, como ía triunfar, acordou coa anterior Executiva Federal, convocar unhas primarias exprés para debilitar ese proceso de unidade e dividiu o partido en dous. E por iso debería recapacitar e dimitir para que volvamos a acadar esa unidade.

Pilar Cancela insiste en que foi elixida para convocar un congreso no que fale a militancia...
O sábado pasado neste país pasou algo importante. E en Galicia non vai a haber un congreso exprés. Xa está ben de enganar á xente en base a intereses persoais porque non vai a haber un congreso exprés en España e, polo tanto, tampouco en Galicia. Hai que ser serios e responsables e hai que tomar e asumir responsabilidades dende o respecto e sen perder os nervios, as formas e desde a fraternidade. É parte da cultura socialista e cando un perde, perdeu.

Pero que pasa se non hai marcha atrás?
Pois eu insisto a que haxa marcha atrás. Eu solicítolle á xestora que dea marcha atrás. A ver se atende a esa solicitude.

Pilar Cancela
Pilar Cancela | Fonte: Europa Press.

E senón responden?
Mentres non responda imos esperar pero o que non se pode é usar a chantaxe como forma dialéctica. Eu non vou usar a chantaxe como forma dialéctica. Por iso insisto no meu chamamento á responsabilidade.

A que chantaxe te refires?
A estas cousas de que me apoia un número moi importante de militantes, de que houbo primarias ou de que a presidenta da xestora gañou porque o seu candidato seu era un e gañou. A ese tipo de chantaxes me refiro. Ela non se presentou e ninguén a votou. Non nos van calar aqueles que levaron ao PSOE a onde nunca debeu marchar; da serenidade, da cohesión e de pensar máis na xente e menos nun.

Pero hai posibilidades de que interveña a nova xestora?
Non sei. Eu só falo por min. Outros din que xa falaron con non sei quen e teñen compromisos de non sei quen. Tamén niso nos diferenciamos uns de outros.

E que eu non vexo unha solución a isto porque ti pides a dimisión... e senón hai dimisión?
Pois é situación complexa e difícil e e resposta non é sinxela. Cando as respostas son múltiples, as respostas tamén poden ser múltiples e complexas. Pero agora, serenidade. E fago un chamamento a Pilar Cancela para que asuma a súa responsabilidade. A ela e a ao conxunto da xestora.

E vai ser Carmela o relevo de Pilar Cancela. Dígoo porque non poucos xa te sinalan a ti...
Non. Se eu digo que un problema deste partido son os personalismos, non me preguntes por persoas, nin por min mesmo. Non vou a entrar nese debate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Gamela

quen é Carmela Silva... a enchufada de Abel Caballero que á súa vez enchufou a súa cuñada nunha empresa concesionaria do Concello de Vigo cobrando sen traballar un só día durante catro anos...? ninguén lembra xa nada de nada... agora seica é a Presi da Depu !!!

3 gatopardismo 2.0

Non viña mal que os seus socios do BNG na deputación, lembraran a presidenta, que a sua obriga é adicarlle mais tempo ao seu cargo e menos a liortas partidistas. A crise non é só do PSOE, é de todo réxime bipartidista do 78. Da coroa, institucións, partidos políticos e burócratas do réxime vido do pacto coas élites franquistas e auspiciado pola CIA, que comenzou cos pactos da Moncloa.

1 Balbino Fernández

O BNG mentras chupa non protesta. Carmela Silva e Caballero son criaturas políticas alimentadas polo BNG, sendo tamén o BNG quen sustenta a Valentín Formoso, como no seu momento amparou a Orozco. A crise só destapa a farsa da socialdemocracia, non hai lugar para continuar coa mentira (políticas de dereitas con vaselina social para a galeria). O PsoEspañol desde Felipe González nunca foi de esquerdas, o que lle fai o xogo ou vai de comparsa, chámese BNG, Podemos ou IU, xa sabemos que lle interesa: a mamadeira!

2 Sariña de Oia

Con xente coma Carmela Silva ou seu xefe, Abel Caballero, o PSdeG nunca recobrará a pouca credibilidade que lle quedaba

1 Galiza si expaña nunca

muitos socialfascistas (pe$oe) coa colaboraci+on de podreiros-villanistas están a favor de facer contas novas e DARLLE O PODER O PEPEROLO en DEPUTACIONS DE PEPEIRO, e concellos pepeiros de santiAGE, CORUÑAS e FERROL do PPEPEIRO!!!!- agora estanse a dar de coiteladas na dirección pesoideira, para colocarse coma "os mellores amigos" de Marijuano Rajoy... como e posible que con mais de dous millons de votos de esquerdas sobre a dereita, goberné a dereita??? soamente podese explicar polas dirección ineficaces de WALDO DAS JONS (podereiros) e a banda da marijuano e os seus mariachis (pe$oe)... A SOCIALMERDOCRACIA destas duas organizacións de dominación expañolista estanlle a dar o poder o PEPEIRO, votar en expañol e darlle un futuro negro a Galiza... que se pudra expaña o país da patraña e os que a defendan

1 XuxoM

Proba dicir o mesmo pero sen trapalladas tipo "waldo das jons" "podreiros-villanistas" "marijuano" etc. A xente pasaría igual de ti, pero polo menos lle farías un favor á nosa lingua...