Temas: FOGAR CRISE

Seis de cada dez familias pasan apuros para chegar a final de mes

Máis do 50% dos fogares galegos chega a fin de mes con dificultades. O 12% cambia os seus hábitos de compra e aposta polas marcas brancas e produtos en oferta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2016 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A porcentaxe de fogares galegos que chegan con moita dificultade co fin de mes aumentou 2,69 puntos no terceiro trimestre do ano en comparación co trimestre anterior, ata o 12,21%, segundo a enquisa conxuntural a fogares que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Caixeira traballando en Vego Supermercados
Caixeira traballando en Vego Supermercados

Aínda en variación intertrimestral, produciuse unha mingua de 0,94 puntos na porcentaxe de fogares que chegan con facilidade ou moita facilidade a final de mes (o 43,3%), e de 1,76 puntos na dos que chegan con dificultade (44,35%).

Desta forma, case seis de cada 10 fogares galegos (o 56,56%) non son capaces de afrontar con facilidade os gastos que deben asumir ao longo dun mes.

Con respecto ao terceiro trimestre de 2015, a porcentaxe de fogares que chegan con facilidade ou moita facilidade co fin de mes creceu 2,43 puntos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade 3,02 puntos. Pola súa banda, o de fogares que chegan con dificultade caeu 5,46 puntos no terceiro trimestre de 2016 respecto ao mesmo período do ano anterior.

NINGUNHA EXTRA EN MESES PASADOS

O 22,68% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse extras os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cinema, etcétera.

Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.

O 12% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra e apostou polas marcas brancas e produtos en oferta. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagamentos no terceiro trimestre de 2016.

Ademais, o 11,44% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa, calzado e transporte, etcétera (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación).

GASTOS PRÓXIMOS TRES MESES

O 67,33% dos fogares galegos prevé saír a cear, a cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro nos próximos tres meses, o 33,35% aforrar algo de diñeiro, o 26,54% facer algún extra en produtos de alimentación e o 12,09% pagarse unhas vacacións, viaxes ou estanzas de ocio.

Por outra banda, o 16,31% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal que compraron, o 8,62% o coche e o 2,29% unha segunda vivenda.

BAIXA A CONFIANZA DO CONSUMIDOR

No terceiro trimestre de 2016, o indicador de confianza do consumidor (ICC1) reflicte un valor de -17,93 puntos, 1,56 puntos por debaixo do referido ao trimestre anterior.

Neste trimestre diminuíron todos os indicadores parciais de perspectivas de evolución: a situación financeira persoal diminuíu 0,29 puntos, o indicador de situación económica en Galicia 0,35 puntos, o de capacidade futura de aforro 1,98 puntos e o de desemprego 3,64 puntos.

O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a confianza aumenta ao incrementarse os ingresos do fogar.

Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600 euros ao mes alcanza o valor de -39,90, mentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por enriba dos 3.000 euros) o indicador se sitúa en 3,44.

Temas: FOGAR CRISE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

Puedo afirmar catejoricamente que ninguna de hellas es de nuestro partido. Alomenos es lo que llo veo en la cafetería del Náutico. serán perroflautas de esos de las clases bajas, poligoneros.

1 UffUfff dicía a meretriz

Mentiroooooosos... 6 de cada 10 familias viven tope guai. Ou non vistes os votos do domingo.