Temas: POESíA

O poeta Francisco Cortegoso falece aos 31 anos

Cortegoso finou o mesmo día no que o seu último libro chegou ás librarías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2016 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O poeta Francisco Cortegoso (Frank Euner) faleceu este mércores na súa casa de Bora (Pontevedra) aos 31 anos, segundo informou Chan de Pólvora Editora. No mesmo día no que o seu último día chegou ás librarías, 'Suicidas', Cortegoso faleceu tras meses de loita contra a enfermidade que padecía.

Francisco Cortegoso
Francisco Cortegoso | Fonte: Chan de Pólvora Editora.

Nun comunicado, o equipo de Chan de Pólvora -Antón Lopo, Manolo Martínez e Gonzalo Hermo-, que publicou 'Suicidas', mostra a súa "inmensa tristura" e traslada as súas condolencias a familia e amigos.

Segundo describe a editorial, 'Suicidas' son "un dos máis importantes e conmovedores textos da poesía galega das últimas décadas". "Calquera que se achegue a este libro non quedará indemne, hipnotizado por un dos escasos exemplos de libro-concepto que se deron na nosa literatura, un volume onde a linguaxe axexa formas que o encaixen na idea que transmite, nun discurso radical e ao tempo harmónico", destaca Chan de Pólvora.

Francisco Cortegoso (Pontevedra 1985) deuse a coñecer en 2008 en Revista das Letras con 'Ningún home', un conxunto de poemas nos que xa se asomaba 'Suicidas'. A súa obra, que se pode atopar en volumes colectivos en revistas como Gria, complétase con títulos como 'Carta ao poeta español', un libro aínda inédito, que xorde como diálogo coa obra de Leopoldo María Panero. En 2013, conseguiu o Premio Pérez Parallé con 'Memorial e danza', editado ese ano por Espiral Maior.

Temas: POESíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Argonauta

Fo den-me moito estas noticias INCOMPLETAS ao redor do Pu to Tabú Urbanita da Morte....antes Galiza non era así....de que Morreu: Cancro (pola idade non creo...), Suicidou-se, Morte Súpeta....?????

1 Familia

A quen lle pode interesar a causa da morte é á familia, pero xa que tanto che interesa dígoche que podes crelo, si con 31 anos.

1 xose manuel

Meu deus, sempre estarás con nos a traves das túas letras. D.E.P