Máis de 91.800 sinaturas para que “se aclare” a morte dunha muller nos corredores do Álvaro Cunqueiro

A muller pasou "35 minutos abandonada" no corredor. Pori so o seu viuvo reclama á Consellería de Sanidade que esclareza "todo", despois de nove meses non ten máis información.

Por E.P. | VIGO | 07/10/2016 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O viúvo da muller que faleceu o pasado 14 de xaneiro nun corredor do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo tras esvaecerse e permanecer unha media hora tendida no chan, conseguiu máis de 91.800 sinaturas en apoio á súa petición para que a Consellería de Sanidade esclareza "como e por que morreu" a súa muller.

Exterior dos quirófanos do Álvaro Cunqueiro
Exterior dos quirófanos do Álvaro Cunqueiro | Fonte: Vigoalminuto

Na súa petición na plataforma Change.org, que superou as 91.800 sinaturas en menos de dúas semanas, Francisco Javier Barros explica que a súa muller, Rosi, "a mañá do 14 de xaneiro, tras saír do traballo (traballaba pola noite), foi ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para visitar a súa nai. Entrou pola porta principal ás 6,25 da mañá. E morreu".

Tal e como expón, a súa muller pasou entón "35 minutos abandonada" no corredor principal do que din que é o hospital máis moderno de Galicia". Ante os acontecementos, indicou que solicitou o vídeo de seguridade do hospital, pero lle dixeron que "o borraron".

O home explicou que na autopsia consta que a súa muller tivo "un fallo cardíaco", se ben apuntou que "a cuestión agora é saber se o hospital podía facer algo máis", polo que segue reclamando os vídeos. "Sen esas gravacións nunca poderei saber se se podía facer máis", apostilou.

Así as cousas, pediu a colaboración cidadá para reclamar á Consellería de Sanidade que esclareza "de todo" a morte da súa muller, xa que, engadiu, despois de nove meses non ten máis información. "Teño dereito a saber que aconteceu, ¿como é que ninguén atendeu a Rosi, no corredor principal do hospital?", remata.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 sós na sociedade

As gravacións se borran pasados uns días. Ó Sergas lle da igual o que pasara, venlle ben que non se poida ver o que acontecera. Á policía, tamén lle da igual, eles están para outras cousas. Ó forense que fixo a autopsía, de qué lle ía servir. El só pide probas de tóxicos que tardan unha barbaridade a modo de protesta laboral. E no xulgado, arquivo e pista. Aquí un se defende só. Non podes nin pasar dó por un ser querido que morre. Teste que ocupar que unha manda de funcionarios fagan o seu traballo. Se non os obrigas, ninguén fará nada. Se non os denuncias, ninguén será responsable de nada. Ogallá teña sorte e polo menos alguén sexa declarado responsable de desidia no seu traballo.