O 60% dos actores e o 89% dos bailaríns galegos viven por debaixo do umbral da pobreza

Os intérpretes viven unha situación "alarmante", pois só un 25% cobra máis de 1.000 mensuais, mentres que case a metade están desempregados.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/10/2016 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O 60% dos intérpretes e bailarínns galegos vive por debaixo do umbral da pobreza, baseándose nos ingresos percibidos polo exercicio da súa profesión (menos de 6.000 euros anuais), unha taxa que chega ao nivel "terrible" do 89% no caso dos bailaríns.

Teatro do Noroeste representando Palabras Malditas.
Teatro do Noroeste representando Palabras Malditas.

Así figura no 'Estudo e diagnóstico sobre a situación sociolaboral de actores e bailarins en Galicia', realizado pola Fundación Aisge (Artistas Intérpretes Sociedade de Xestión). O informe sinala que case a metade dos artistas galegos (un 48%) están desempregados, nun datos nos que se afondou este venres en rolda de prensa en Santiago.

Esta porcentaxe de desempregados elévase ata o 55% no caso dos actores audiovisuais e a un 48% para os dobradores, mentres está no 44% para os de teatro, baseándose na enquisa realiza case 200 profesionais do sector.

Con todo, aínda que o 48% dos intérpretes galegos está desempregado, é unha taxa menor que a de hai tres anos, cando era un 55%, aínda que descendeu a poboación activa. Ademais, o 48% dos parados do sector non percibe ningún tipo de prestación ou axuda, segundo os datos expostos polo coordinador da Área Asistencial da Fundación AISGE, Iván Arpa.

A ese 60% dos actores e actrices galegos que están por debaixo do umbral da pobreza súmase outro 15% que se atopa nunha situación precaria, con ingresos medios entre 500 e 1.000 euros mensuais. De tal forma, só un 25% da profesión cobra máis de 1.000 euros ao mes. Xunto a isto, un 3% dos traballadores exerce sen contrato.

Dado que un 40% dos intérpretes galegos recorre a outros empregos, contabilízanse os ingresos obtidos por traballos e propios da súa profesión e outros a taxa dos que se atopan por debaixo do umbral da pobreza é do 34%.

MULLERES DISCRIMINADAS

Á hora de analizar os datos da Aisge obsérvase un escenario peor para as mulleres, que "seguen padecendo un agravio comparativo" tamén neste sector, resalta o informe. E é que mentres o 45% dos actores está desempregado na súa profesión en Galicia, esta cifra é cinco puntos maior no caso das mulleres, un 50%.

As mulleres tamén predominan na franxa de menos de 600 euros anuais, pois supoñen un 28% fronte ao 16% dos homes. Entre os que ingresan máis de 6.000 euros ao ano, a taxa de mulleres é do 33%, pero a dos homes é superior, un 46%.

CIFRAS "ALARMANTES"

Neste sentido, a delegada de Aisge en Galicia, a actriz Isabel Blanco, subliñou que estas cifras son "bastante alarmantes". "Os datos demostran que non vivimos dos flashes nin das alfombras vermellas", avisou.

Pola súa parte, o vicepresidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Mabel Rivera considera este informe "un camiño máis" para avanzar na mellora das condicións dos intérpretes, ao tempo que lamentou que "tódolos ámbitos da profesión" están "precarizados", "prexudicados por determinadas políticas" ou as "non políticas da administración.

Nesta liña, Rivera incide en que "hai un convenio que os profesionais deben facer respectar", o cal "ten valor de lei". "Non podemos aceptar traballos por debaixo do convenio", sentenza.

RADIOGRAFÍA DO INTÉRPRETE GALEGO

O estudo realiza un perfil do intérprete galego no que se detecta que a inmensa maioría se concentra nas provincias da Coruña (69%) e Pontevedra (23%), fronte ás de Ourense (5%) e Lugo (3%).

No tocante á idade, hai "síntomas de envellecemento", posto que o 51% dos artistas ten máis de 45 anos e só un 15% ten menos de 35 anos. Actualmente hai uns 300 intérpretes rexistrados na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), pero estímase que a poboación global é duns 400, é dicir tres actores por cada 20.000 habitantes galegos.

En 2015, o 37% dos intérpretes do audiovisual traballou menos de dúas semanas ao ano, 40% en danza, o 26% en dobraxe e o 21% en teatro.

Nas opinións recollidas polos actores e actrices o estudo amosa que hai un incremento da inseguridade laboral, mentres existe un "medo" xeneralizado polas condicións de traballo, o que provoca "impotencia", nun marco no que é común a denuncia do "abandono" das artes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pino

Xa sabe Pontona e os seus secuaces onde doar parte do seu sideral soldo de 5 ó 6.000 euros netos mensuais