O alcalde e o ex-alcade de Malpica, xulgados por un delito urbanístico

Políticos do PP, do PSOE, independentes e funcionarios locais están acusados nun preito no que se piden até oito anos de inhabilitación.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/10/2016 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 3 de Carballo (A Coruña) acordou a apertura de xuízo oral contra o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo José Parga (PP), así como para que foi alcalde co PSOE e antecesor seu no cargo, José Ramón Varela, xunto a outras catro persoas, por un suposto delito contra a ordenación do territorio ligado coa recualificación urbanística dun terreo.

O alcalde de Malpica Eduardo José Parga
O alcalde de Malpica Eduardo José Parga

Xunto con Parga e Varela deberán tamén sentar no banco o edil independente Antonio Manuel Pereira Rodríguez (que deixou o PSOE en xaneiro de 2015), así como da exsecretaria municipal C.S.B. e do técnico J.L.A.S.

En concreto, pídese a imposición a cada un dos acusados da pena dun ano de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e inhabilitación especial para cargo público durante oito anos.

Así mesmo, na resolución declárase órgano competente para a celebración do xuízo ao Xulgado do Penal da Coruña e requírese os acusados para que, de forma conxunta e solidaria, presten unha fianza de 650.000 euros. Da devandita cantidade responderá subsidiariamente o Concello de Malpica.

RECUALIFICACIÓN BAIXO SOSPEITA

Segundo publicaron no seu día varios medios de comunicación no ámbito local, os acusados formaban parte da comisión de goberno que no ano 2006 (cando dirixía o goberno local José Ramón Varela) aprobou unha licenza para construír un bloque de 34 pisos nunha zona da Atalaia que non reunía as características para ser cualificada de solar.

Previamente, en 2003, tamén baixo mandato do socialista, produciuse unha recualificación do terreo rústico para convertelo en urbanizable. Non obstante, segundo a Fiscalía, dito cambio no plan urbanístico non foi completado segundo as normas vixentes, polo que o chan afectado tería a consideración de non urbanizable de protección de Costas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hermerico

Só um?