Temas: PORTUGAL POESíA

Unha gala para difundir a poesía e a música de Galicia e Portugal

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela organiza o primeiro certame de Ari(t)mar Galiza e Portugal o vindeiro 25 de outubro no Teatro Principal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2016 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Difundir a música de Galicia e Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.. Ese é o principal obxectivo de Ari(t)mar Galiza e Portugal, unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que celebra a súa primeira edición, 

Escola Oficial de Idiomas de Santiago
Escola Oficial de Idiomas de Santiago | Fonte: EOI Santiago

O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego e en portugués, mellor poema galego e en portugués. A escolla foi feita polo público, galego e portugués, entre 10 poemas e cancións finalistas seleccionadas polo xurado do certame.

Este evento, que será presentado polos artistas Carlos Meixide e Isabel Risco, está promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; patrocinado polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística e Concello de Santiago de Compostela e conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

A retirada de billetes para asistir a esta gala, que se celebrará o vindeiro 25 de outubro, con actuación dos premiados é na Escola Oficial de Idiomas de Santiago (Vite), de luns a venres, de 09:00 a 20:00 horas, e no Teatro Principal de Santiago, de martes a sábado, de 18:00 a 21:00 horas. A entrada é libre até completar a capacidade da sala.

Músicas gañadoras:

Galiza: Cantiga da montaña (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre)

Portugal: Medusa (Capicua).

Poesías gañadoras:

Galiza: O corazón (María do Cebreiro, O deserto)

Portugal: Não sei, minha filha... (José Ricardo Nunes, Andar a par)

Temas: PORTUGAL POESíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta