O grave problema do pirata somalí

Parece o guión dunha película cómica pero se presume cun fondo totalmente dramático e tráxico, porque a crónica xudicial dos piratas somalís que trouxeron a España, e sobre todo, o menor de idade, non parece a crónica real dun país desenvolvido do 2009...

Por Serafín Martínez | Galicia | 31/10/2009

Comparte esta noticia

Recordemos que eses asaltantes foron apresados pola fragata española que patrulla no Índico. Por iso se difunde a noticia como un éxito dos nosos infantes da mariña. E aqui preséntase o primeiro lío porque xulgalos en España trae un risco enorme e porque os seus compatriotas teñen apresados a 36 mariñeiros nun atuneiro. Pero a lei é a lei, e Garzón and company deciden traelos ó mesmo tempo que os secuestradores comezan a reclamalos, ameazando con non liberar ó barco español.

None

Segundo problema, un forense advirte que un dos detidos é menor de idade e un dos xuíces toma a decisión de encomendalo a Fiscalía de Menores de Madrid, saltando o protocolo normal nestes casos, que sería o Xulgado de Menores da Audiencia Nacional. Días máis tarde, unha nova proba di que o rapaz é maior de 18 anos, demostrando que non había órgano xurisdiccional que se encargue del... E volta a comezar. E isto pasa no século XXI.

E agora, séguese o curso xudicial iniciado ou cabe algún xesto esixido como condición dos secuestradores?. Aqui Moratinos ten un grave problema, porque unha vez xudicializado un caso, non hai quen o pare e non hai un só maxistrado neste país que faga un favor neste tipo de canxes.

O desenlace, aínda descoñecido por todos, esperemos que non se alongue moito e teña un final feliz porque non me gustaría estar no pelexo dos 36 mariñeiros ou no das súas angustiadas familias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Serafín Martínez Acevedo Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.