Mirando para outros tempos

De todos é sabido que a comunicación entre os seres humanos é necesaria, incluso obligada e de vital importancia para entendernos...

Por Serafín Martínez | Galicia | 08/11/2009

Comparte esta noticia

Volvendo a mirada atrás, lembro a aterraxe da telefonía móbil nas miñas mans e o boom que supuña para os cidadáns, obrigando a paulatina desaparición das colas que se facían nas cabinas telefónicas. Co paso dos anos e a implantación de internet nas nosas vidas, o feito de comunicarnos por carta ou unha simple conversa por teléfono foi substituída polos correos electrónicos, onde na nosa bandexa de entrada ían aparecendo mensaxes de amigos, familia, etc...

None

Co avance da tecnoloxía na informática creouse o Messenger, mensaxes curtas e en tempo real, muítisimo máis cómodo e cun custe baixísimo que facía que a nosa bandexa de entrada se fora reducindo pouco a pouco. O mesmo aconteceu coas colas nas cabinas ou as cartas escritas con puño e letra, que practicamente desapareceron, aínda que isto último se pode dicir que verá un aumento para as próximas navidades e cas tan famosas felicitacións.

Pois a última moda implantada como medio de comunicarnos non é outro que o Facebook, Twitter, Twentys...nas súas distintas modalidades, o cal se pode dicir que os correos electrónicos irán desaparecendo pouco a pouco. O paso que vamos, con continuos cambios e modalidades de comunicación, moi pronto surdirá unha nova alternativa a todo isto, en moi pouco espazo de tempo pasamos do papel e boli, a escribir nun teclado con pequenas mensaxes. Mirando para outraos tempos da a sensación de que pasou un espazo de tempo moi grande e sen embargo apenas chegan os 15 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Serafín Martínez Acevedo Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.