#EuApoioAosRiazorBlues

As redes enchense de mensaxes co hashtag de apoio á peña deportivista tras coñecerse as sancións ao club coruñés por permitir as pancartas dos Riazor Blues no estadio e por terlles facilitado entradas para o derbi galego.

Por gcdeportes | A Coruña | 28/10/2016 | Actualizada ás 09:04

Comparte esta noticia

As redes enchéronse este xoves co hashatg #EuApoioAosRiazorBlues tras coñecerse que o Dépor será multado “por favorecer al grupo radical y violento” Riazor Blues. En concreto, o RC Deportivo foi multado por permitir no estadio municipal unha pancarta co nome dos Riazor Blues (10.000 euros) e por terlles facilitado as entradas para o derbi da pasada tempada (2 de abril) co Celta en Balaídos. En total, 20.000 euros, ademáis de novas propostas de sancións.

Imaxe dos Riazor Blues en Riazor cunha pancarta para lembrar a Jimmy.
Imaxe dos Riazor Blues en Riazor cunha pancarta para lembrar a Jimmy. | Fonte: lfp.es

De @Arredeeemo, avogado laboralista e responsábel do BNG na Coruña, foi o primeiro chío: “Fronte a un goberno que ampara aos verdadeiros criminais e que multa ao @RCDeportivo por permitir a faixa dos RB #EuApoioAosRiazorBlues”. E o chío da Federación de Peñas Deportivista (@pdeportivistas) foi o que tivo máis repercusión (ata 152 rechíos): “Pasado, presente e futuro da historia do @RCDeportivo que entre tod@s imos defender. #EuApoioAosRiazorBlues”. Así ata converterse en tendencia en twitter en toda España, e con algúns chíos facenco comparacións entre a sanción de 10.000 euros por permitir unha pancarta dos Riazor Blues e os 1.500 recibidos polo Valencia polo botellazo a Neymar.

A pancarta que motivou a sanción foi exhibida o 14 de maio no partido contra o Real Madrid no fondo habitual dos Riazor Blues (hai propostas de sancións da Comisión Antiviolencia pola mesma pancarta esta tempada). Outros 10.000 euros de sanción son por ter facilitado a venda de entradas e o desprazamento ata Vigo dos Riazor Blues en abril do ano pasado. A resposta do RC Deportivo é sempre a mesma: que non considera aos Riazor Blues como grupo violento e que xa está inscrito no rexistro oficial de seareiros do club, pero nada se sabe dos recursos presentados polo club presidido por Tino Fernández.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hermerico

Euapoioosriazorblues. Nom há preposiçom