O sector téxtil, con Inditex á fronte, lidera a economía española con 81.500 millóns, segundo Forbes

O sector téxtil, co grupo galego Inditex á cabeza, é a industria que maior riqueza xerou nos últimos 12 meses. Conta, ademais,con seis membros na lista Forbes dos españois máis ricos de 2016.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/11/2016 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O sector téxtil, co grupo Inditex á cabeza, lidera a economía española ao ser a industria que maior riqueza xerou nos últimos 12 meses e tras contar con seis membros na lista 'Forbes' dos españois máis ricos de 2016. En concreto, a industria téxtil, con 81.500 millóns de euros, encabeza a lista dos 35 sectores máis produtivos de España, sendo Inditex a empresa que máis contribúe neste valor tras pechar 2015 con vendas de 20.900 millóns de euros e contar con máis de 7.000 tendas repartidas en 91 mercados.

Tenda de Zara
Tenda de Zara | Fonte: Europa Press.

Por detrás da moda, sitúase a industria da alimentación, tras xerar unha riqueza de 18.150 millóns de euros, o que supón 63.350 millóns de euros de diferenza respecto ao sector téxtil.

A construción, cun total de 16.450 millóns de euros, pecha o podio no terceiro posto desta clasificación, seguida do sector da distribución, con 13.850 millóns de euros xerados.

Pola contra, o sector menos produtivo no último ano foi o siderúrxico, con 400 millóns de euros xerados, ao que se suma o industrial e o cárnico, con 450 millóns de euros, e a xoiaría con 425 millóns de euros.

Non obstante, atendendo ao número de 'ricos Forbes 2016' que aglutina cada un dos sectores, o alimentario posiciónase en primeiro lugar, con nove nomes da lista á fronte dos 18.150 millóns de euros xerados.

Ao sector alimentario séguenlle a construción e o dos investimentos, que suman oito 'ricos Forbes' que aglutinan 16.450 e 5.925 millóns de euros, respectivamente, mentres que o téxtil, o máis forte en canto a xeración de riqueza, conta con seis empresarios e o sitúan en cuarto lugar nesta segunda clasificación, xunto ao turismo (5.750 millóns de euros) e ao inmobiliario (3.975 millóns de euros).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta