A atención á diabetes en Ferrol mediante telemedicina, un referente en España

A Fundación da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición premiou o traballo 'Diabetes e telemedicina: impacto na teleconsulta de endocrinoloxía e nutrición na área sanitaria de Ferrol', que destaca en España no ámbito da innovación na abordaxe do paciente diabético.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2016 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

A Fundación da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición premiou o traballo 'Diabetes e telemedicina: impacto na teleconsulta de endocrinología e nutrición na área sanitaria de Ferrol', que destaca a nivel nacional no ámbito da innovación na abordaxe do paciente diabético. Os especialistas en endocrinoloxía da Xerencia Integrada de Ferrol, Diego Bellido e Cristina Tejera, recibiron este galardón no marco do 58 Congreso da Sociedade Española de Endocrinología, que se celebrou en Málaga.

Utensilios para o control da diabetes
Utensilios para o control da diabetes | Fonte: Pixabay.

O traballo premiado recolle unha análise descritiva da actividade de telemedicina en diabetes na área sanitaria ferrolana, así como a análise da retroacción dos facultativos dos centros de saúde en relación con esta consulta a distancia.

En concreto, fíxose un seguimento das 1.008 interconsultas que se produciron entre o 1 de abril de 2015 e o 31 de maio de 2016 entre os facultativos dos centros de saúde e os do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Cristina Tejera destacou que a consulta en telemedicina implicou "unha mellora factible para os pacientes", ao tempo que " mellorou tamén a relación" entre os profesionais" que os tratan.

Aproveitando o soporte tecnolóxico integrado que é o Ianus, mediante a telemedicina, os profesionais dos centros de saúde contactan coa especialidade de Endocrinoloxía no Complexo Hospitalario de Ferrol a través dun xestor de peticións que figura na Historia Clínica Electrónica.

Cada día, xérase unha lista de traballo de teleconsulta de Endocrinoloxía con pacientes de diferentes centros de saúde. Os profesionais destes centros expoñen o caso e o posible acceso ás probas complementarias. Poden achegarse controis glucémicos ou imaxes que se consideren necesarias.

Dende Endocrinoloxía do hospital inclúese a contestación a estas demandas dentro da propia historia clínica, algo que pode abranguer dende axustes de tratamento ata solicitude de probas complementarias ou novas citas.

CASOS ANALIZADOS

Das 1.008 consultas analizadas neste informe, o 16,6 por cento correspondíanse con pacientes con diabetes. As teleconsultas xeradas eran na súa maioría de pacientes novos, non previamente valorados en Endocrinoloxía -o 71 por cento-.

Así mesmo, un 12 por cento das interconsultas correspondíase con pacientes en seguimento activo en Endocrinología, o 10 por cento xa estaban en seguimento por telemedicina e un 6 por cento foran dados de alta no ámbito hospitalario e estaban sendo seguidos no centro de saúde.

Tras a valoración por esta vía, citáronse en consulta o 38,5 por cento dos pacientes, deuse de alta para o seguimento en centro de saúde ao 15,4 por cento e optouse polo seguimento vía telemedicina no 46 por cento dos casos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta