A Plataforma Galega en Defensa do Ensino convoca máis protestas contra a Lomce e as reválidas

As convocatorias son para os días 16 e 24 de novembro.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/11/2016 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) convocou mobilizacións contra a LOMCE e as novas probas finais de ESO e Bacharelato, as chamadas 'reválidas', para os días 16 e 24 de novembro.

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público | Fonte: PGDEP.

En concreto, o próximo 16 de novembro celebrarase unha concentración ás 11,15 horas fronte á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en Santiago de Compostela, e entregarán sinaturas contra a Lei de Educación no Rexistro da Xunta.

A PGDEP informou avanzou tamén que os estudantes (o sindicato Erguer!) prevén organizar unha xornada de folga de secundaria e bacharelato o día 24 do mesmo mes. Esa xornada, a entidade convocará mobilizacións en polo menos 10 localizacións da xeografía galega, que serán ás 19.00 horas nas sete grandes cidades -Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Pontevedra e Ferrol- e noutras localidades como Vilagarcía (Pontevedra), Cee (A Coruña) e Carballo (A Coruña).

CONTRA A "INVOLUCIÓN"

A PGDEP reuniuse a semana pasada cos distintos grupos do Parlamento galego. Ao respecto, o voceiro da plataforma e secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, sinalou que os voceiros da oposición trasladaron a súa critica á chamada 'Lei de Wert', mentres que o grupo popular "o único que fixo foi esa referencia tan manida de que están abertos ao diálogo".

Louzao reiterou o rexeitamento á LOMCE e afirmou que seguirán loitando ata a "desaparición deste instrumento que supón a involución do sistema educativo".

O voceiro da plataforma afirmou que "se debe iniciar un debate sobre cales son as necesidades e carencias da educación en Galicia e buscar acordos e consensos para realizar un nova norma". Para iso, afirmou que o recén nomeado ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, debería levar a cabo unha resolución ministerial que "como mínimo" paralice as 'reválidas'.

Así mesmo, Louzao confiou en que a oposición cumpra cos seus programas electorais e leve a cabo unha acción conxunta para derrogar a LOMCE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galegus

En case todos os países europeos existen revalidas. Temos un dos peores sistemas educativos do mundo pero dos máis caros. En Finlandia, o mellor sistema educativo de Europa, os docentes non teñen oposicións, pero o que non funciona vaise á rúa, que é onde estaría toda esta cuadrilla de traballar alí.

1 Fartodenaziocomunistasindepes

¡¡Jo der, pero es que estos tíos no se cansan de tocarle los kinder a la gente!! Y dale con las reválidas, o ensino galego y demás tonterías. En casi todos los sistemas educativos europeos existen pruebas parecidas. Parece que a estos lo único que les interesa es mantener el pésimo nivel educativo de los alumnos españoles con tal de asegurarse notoriedad y subvenciones para el sindicato.