Temas: A CORUñA BBVA

Un ex-empregado coruñés do BBVA reclama 140 millóns ao banco por uso indebido da súa sinatura dixital

A entidade sostén que o demandante non acreditou "intromisión ilexítima" nin "dano ningún"

Por E.P. | A CORUÑA | 09/11/2016 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Un ex-empregado coruñés do BBVA reclama 140 millóns de euros á entidade "por danos e prexuízos" e pola "apropiación do lucro obtido" ao utilizar a súa sinatura dixital cando xa non traballa alí. O Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña celebrou este mércores, ás 10,00 horas, o xuízo pola demanda interposta contra BBVA por este ex-traballador da entidade "por uso da súa sinatura dixital durante dous anos e unha vez que xa estaba prexubilado", segundo o seu letrado, Xaime da Pena.

Sede do banco BBVA na Coruña
Sede do banco BBVA na Coruña

"Estamos a intentar demostrar que os bancos non teñen a contabilidade detallada e utilizaron documentos falsos", asegurou o avogado antes de entrar en sala, á que non puideron acceder os xornalistas debido á súa escasa capacidade.

En concreto, o letrado sostén que a sinatura dixital do denunciante, que traballaba como apoderado, se utilizou en certificacións de débedas contraídas por clientes coa entidade. Ao seu xuízo, "queda acreditada" a utilización da sinatura por parte da entidade financeira e, por iso, esperan que "o tribunal faga xustiza".

"Enfrontámonos a facer xustiza, enfrontámonos a que o meu cliente poida apropiarse do que se lucrou a custa del a entidade demandada", manifestou este letrado, que sostén que o documento "non tiña validez" sen o nome do seu representado.

Por iso, piden "un un por cento" do que, segundo as súas estimacións, obtería a entidade coas certificacións de débeda para procesos monitorios.

Ademais, o letrado asegurou que con esta acción da entidade bancaria se está a vulnerar o dereito á identidade do seu representado, un dereito "fundamental" e que "faremos valer" neste procedemento, engade.

ARGUMENTOS DA ENTIDADE

Pola contra, dende a entidade sinalan que con anterioridade a esta demanda civil, o denunciante interpuxo en 2012 unha querela contra varios empregados de BBVA.

Tamén subliña que, tras a práctica de varias dilixencias, o xuíz ditou auto de sobresemento da querela, posteriormente confirmado en 2015 pola Audiencia Provincial.

Así, segundo expón a entidade, no procedemento penal quedou acreditado que nin o querelante nin os debedores sufriron prexuízo ningún porque o contido das certificacións era correcto". Sobre a nova demanda, sostén que o demandante non acreditaba "nin a intromisión ilexítima alegada nin que se lle producira dano ningún".

Temas: A CORUñA BBVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta