Temas: RELIXIóN

Son a ciencia e a relixión compatibles?

Iso é o que tentará explicar o profesor emérito Carlos Pajares que disertará sobre estas temáticas nun encontro da Conferencia Episcopal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/11/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Ciencia e relixión son compatibles?. Durante anos, moitos científicos e matemáticos foron perseguidos pola Inquisición polas súas investigacións. Pero eses tempos son xa auga pasada. Precisamente, unha conferencia sobre a relación entre ciencia e relixión do profesor emérito e ex rector da USC, Carlos Pajares, abrirá este xoves a trixésimo primeira edición do Encontro de Delegados Diocesanos e Responsables de Pastoral Universitaria que organiza a Conferencia Episcopal en Málaga co lema ‘O diálogo, clave para construír a universidade’. 

Carlos Pajares, segundo pola esquerda, nunha homenaxe
Carlos Pajares, segundo pola esquerda, nunha homenaxe | Fonte: USC

Pajares presentará unha intervención articulada en cinco bloques temáticos e cuxo relato comeza coas teorías de Galileo e Darwin e a correspondente confrontación entre ciencia e relixión e continúa coa referencia ao principio antrópico. “Somos moitos os escépticos que pensamos que a crenza na existencia de deus non será nunha unha verdade científica suxeita a aprobación ou a desaprobación por razóns estritamente científicas”, sinala Pajares. Unha posición que o profesor emérito considera “non contraditoria con que se pense que a orde intelixible e fermosa do universo, tan chamativo para os científicos, sexa un reflexo do seu creador, incluíndo o marabilloso axuste fino, sexa explicado ou non pola ciencia”.

Busca da verdade

A conferencia do profesor Pajares, segundo apunta a USC,  tentará achegar unha resposta que reflexione sobre por que o universo é comprensible. Partindo da idea de que “a ciencia non pode proporcionarnos respostas ao que o filósofo da ciencia Karl Popper chamou preguntas fundamentais”, o profesor Pajares afirma que “a ciencia obtén os seus maiores éxitos pola modestia da súa ambición, autolimitándose e restrinxíndose a si mesma, a buscar e responder a preguntas concretas e específicas concernentes  a procesos susceptibles de verificar”. 

Un dos puntos centrais da súa conferencia será o relativo aos puntos de encontro entre ciencia e relixión, caracterizadas en opinión de Pajares pola “busca de unicidade e simplicidade como reflexo da verdade e da beleza”. Carlos Pajares concluirá a súa intervención aludindo á relación entre creación e revelación.

Temas: RELIXIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sesese

Como cantaban os de sinestro "quienes somos de donde venimos a donde vamos" E seguiremos así hasta o fin dos tempos

1 Souto

Non son para nada incompatíbeis. Nas pelis de ciencia-ficción ambientadas no 2950 depois de Cristo, os astronautas que se chaman "marines dos EE.UU." chegan a un planeta onde hai habitantes. E na nave espacial hai un altar, onde todos os marines rezan ao seu Deus para que lhes dea forzas si houbera que usar a violencia. Para nada é incompatíbel. Podes ser marine do ano 3560 e ser crente. Unha cousa non quita a outra. E ser marine tamén. O que ti queiras. Até aí poderiamos chegar! Destas cousas nunca falo en serio. Parécenme unha parvada total. Imaxinade como era Palestina ou arredores hai 2016 anos. Tremenda tropa habería aí. Con conhecer aos que len o ABC e demáis xa me chega.

1 Souto

É que son moi bruto. Pero Darwin tinha razón. Todos os avances que hai en bioloxía parten de inconstetábel premisa da lei da evolución. Outra cousa é que te aferres ao que queiras. Ponhamos por caso que se demostra definitivamente que Deus non existe, tal como o imaxinamos hoxe. Cambiaría algo a sociedade? Non. En nada. Pódese viver de costas á realidade. Pode ser que che curen calquera enfermidade baseándose sempre na teoría da evolución pero ti podes seguir crendo que fuches creado por Deus. Non é ningún misterio. É o que se vive hoxe. Levámolo facendo dende sempre.