As promesas incumpridas do Prestige

O famoso Plan Galicia quedou a medias, Galicia segue sen contar cun porto refuxio en caso de accidente e as famosas galletas de chapapote seguen aparecendo nos areais galegos.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/11/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O 13 de novembro de 2002 un petroleiro de triste nome, Prestige, atopábase transitando con 77 000 de toneladas de cru a 28 millas (52 quilómetros) de Fisterra cando sufriu unha vía auga. Un forte temporal agravou as súa condición e fixo moi difícil a actuación dos escasos medios cos que contaba Galicia para facer fronte á situación. O 19 de novembro, tras tentar afastalo de terra, e logo de días manchando a costa galega, partiu en dous e afundiuse a unha profundidade de 3850 metros de profundidade e 250 quilómetros de Galicia provocando o peor desastre ecolóxico do país.

Afundimento do Prestige
Afundimento do Prestige | Fonte: Xurxo Lobato

Catorce anos despois daquel incidente, pouco cambiou a seguridade no mar. Destacados especialistas teñen asegurado que, de repetirse unha situación semellante, outra gran mancha tinguiría, novamente, de negro as nosas costas... E, por que?.

Desde o accidente, e a pesar das promesas do distintos gobernos do Estado, pouco se fixo para mellorar a seguridade no mar. 44.000 buques con materiais perigosos seguen atravesando o Corredor de Fisterra cada ano poñendo en risco a costa e sen que haxa, aínda, un protocolo efectivo para facer fronte a un novo accidente. E é que o Plano de Continxencia contra Contaminación Mariña Accidental  (Camgal), aprobado tras a catástrofe está moi incompleto en aspectos importantes da seguridade marítima.

De feito, non conta, aínda, cun porto refuxio onde levar os barcos sinestrados en caso de accidente. Unha petición realizada por numerosos expertos e que, sen embargo, a Administración central non quixo atender ante o temor de que a escolla do porto signifique fortes mobilizacións sociais.

Deste xeito, e se volve acontecer un novo Prestige, a decisión de levalo a un porto –ou non--, dependerá do Goberno central e deberá elixir que facer posto que as barreiras anticontaminación atópanse en Vigo, Cambados, Ribeira e na Pobra, mentres que o lugar de atraque natural ante unha catástrofe, e tal como teñen apuntado diversos expertos atópase na costa norte de Galicia, especialmente, na ría de Ares, polas súas boas condicións naturais para conter unha fuga masiva de petróleo.

Traxectoria do Prestige nas horas previas e posteriores ao accidente (puntos laranxas), momento do accidente (punto vermello), posicións onde se avaliaban os modelos de xeración e propagación de ondada (puntos azuis), e aboias de medida de ondada na zona (puntos verdes)
Traxectoria do Prestige nas horas previas e posteriores ao accidente (puntos laranxas), momento do accidente (punto vermello), posicións onde se avaliaban os modelos de xeración e propagación de ondada (puntos azuis), e aboias de medida de ondada na zona (puntos verdes) | Fonte: Universidade de Alcalá

Plan Galicia

Tampouco se cumpriron as promesas que no seu día fixo o Goberno de Aznar para rexenerar económica, social e medioambientalmente a zona e que se fixeron públicas a través dun pomposo proxecto chamado Plan Galicia. Así, e a pesar da limpeza das costas, o fuel do Prestige segue chegando puntualmente aos areais galegos. As últimas achegas producíronse en marzo e en outubro pasado na praia de Nemiña en forma de pequenas e grandes galletas.

Por outra banda, determinadas infraestruturas prometidas tardaron moitos anos en materializarse e, cando se fixeron, foron a medias, como a Autovía da Costa da Morte, que non se abriu ata este 2016 e só a metade do trazado previsto.

Outras correron aínda peor sorte, como foi o prometido Parador de Muxía –a considerada zona 0 da traxedia-- que non só non está rematado, se non que está paralizado invadindo ademais unha zona natural de valor incalculable.

Xuízo

No plano xudicial, só houbo un acusado, o capitan do buque, Apostolos Mangouras. Unha decisión xudicial que tras anos de proceso está recorrida no Tribuna Constitucional e mesmo pode chegar ao Tribunal Europeo. Nin a armadora, nin os cargos do Goberno central encargados da xestión do sinistro foron condenados. Tampouco o fretador do buque, que, curiosamente, apareceu nos papeis de Wikileaks con negocios coa mafia rusa.

Manifestación en Vigo de 'Nunca Máis' contra a sentenza do Prestige
Manifestación en Vigo de 'Nunca Máis' contra a sentenza do Prestige | Fonte: Miguel Núñez
As galletas de chapapote seguen chegando ás praias galegas
As galletas de chapapote seguen chegando ás praias galegas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 nostrus

Lo del Prestige fue un penalty que el gobierno de entonces no supo parar y que supuso un filon politico para el BNGe y sus plataformas satelites, pero mira por donde el escupir para arriba no da resultado y unos pocos años despues se vieron en la misma circustancia con los incendios. Pero las plataformas que tanto se habian ensañado con el PP por lo del Pretige, luego con los incendios fueron muy suaves y le echaban la culpa a los incendiarios en vez de echarsela a la inoperancia de la Xunta, quedando asi con el culo al aire y demostrando que eran lo que ya todos sabiamos.En el 2002 tuvimos un PP incompetente y un BNGe calumniador y rastrero que se alegraba de la mala suerte de Galicia porque le beneficiaba politicamente.

2 Que raro

Como se fora un compromiso electoral da Marea.

1 Nemo

O Prestige, que gran negocio para xente como Lobeira ou Anxo Quintana.

1 Breogan

memo deixa de decir gilichorradas que eu estiven limpando! e ti andabas en mangalucia indo os touros... so ladron!!! so borrica expañol que levachedes o barco dun lado para outro ata que se afundiu no mar océano! a pena e que non che afogaras ti dentro do barco que non se perdia nada! A CULPA FOI DO ESTADO EXPAÑOL E DOS MANGANTES COMO MARIJUANO E CIA!!!