Tres concursos para a maquinaria de comunicación e publicidade do Xacobeo

Finalmente, o Xacobeo destinará case oito millóns de euros a todo o que ten que ver coa publicidade e comunicación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/12/2009 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

E finalmente, no último Consello da Xunta aprobouse o Plan de Medios do Xacobeo 2012 que contará con case sete millóns de euros.  O contrato comprende a realización dunha estratexia de medios global de ámbito nacional, para o Xacobeo, incluíndo a elaboración e xustificación cuantitativa e cualitativa do proceso completo de:

* Análise e investigación de targets, contexto actual e o futuro do mercado, posible competencia e sobre a imaxe e coñecemento do Xacobeo como marca.

* Desenvolvemento dunha Estratexia de Medios global e por períodos, defendida racionalmente, para a consecución dos obxectivos de medios previamente fixados.

* Planificación de medios e plans tácticos para levar a cabo as estratexias recomendadas.

* Contratación de espazos publicitarios para a súa posterior difusión nos diferentes medios.

* Seguimento, control e peche campañas.

* Asesoría e recomendación durante todo o período.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 o target é facer caixa

oito millóns para os amiguetes das Montañas Nevadas por uns folletos con bla, bla E MENTRES as residencias de Viveiro, Monforte e Vimianzo, REMATADAS E SEN ABRIR medrándolle as silvas porque disque "non hai cartos"...