SOGAMA aumenta en case un 50% as emisións de gases de efecto invernadoiro entre 2009 e 2015

“Como é posíbel que vertendo e queimando menos residuos, esta empresa estea a ser máis intensiva na emisión de gases de efeito invernadoiro”, denuncia Adega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/11/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

SOGAMA aumentou as emisións de gases de efecto invernadoiro un 47,7% en 2015, con respecto a 2009.  Trátase de CO2, metano e óxidos de nitróxeno que subiron significativamente a pesar de que a empresa pública de reciclaxe tratou menos residuos, 85.000 menos con respecto a hai seis anos.

Contaminación por gases
Contaminación por gases | Fonte: DUVI.

Así figura na memoria da actividade de SOGAMA entre 2009 e 2015 que recolle que, desagregando a incineración do vertido, a intensidade de xeración de gases aumentou outro 35% en 2015 para o queimado. Tamén pra o vertedoiro subíu nada menos que un 120%, malia a enviárense 172.000 toneladas menos á Areosa en 2015 que en 2009.

“Como é posíbel que vertendo e queimando menos residuos (polo efecto da crise, obviamente, non das políticas públidas de redución que son inexistentes), SOGAMA estea a ser máis intensiva na emisión de gases de efeito invernadoiro, situándose entre as primeiras "fábricas de cambio climático" de Galiza?”, pregúntase a organización Exoloxista Adega.

Índice de eficiencia da incineración

Ademais, sinala que, coas cifras da memoria, SOGAMA tampouco cumpriu o índice de eficiencia da incineración, que a normativa establece nun mínimo de 0,6 para que o proceso poida ser considerado unha valorización enerxética.

“Coas cifras de SOGAMA na man, podemos afirmar que o tratamento modelo do que presume a conselleira é terceiro-mundista en cifras de reciclaxe, intensivo na emisión de gases de efecto invernadoiro e fortemente ineficiente (ademais de caro e lesivo para os intereses públicos)”, denuncia Adega.

Ademais, esta empresa pública só trata 3,32 toneladas de cada 100 que recibe, unhas cifras que están moi lonxe do 50% que esixe reciclar a UE para 2020. A pesar de reciclar o lixo do 94% do territorio galego só ten a 23 persoas contratadas de xeito directo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta