O conselleiro de Educación denuncia manipulación na masiva resposta á LOMCE

O éxito da folga contra as reválidas provocou hoxe unha dura reacción de Román Rodríguez, que acusou aos promotores das protestas de manipular aos alumnos con “mensaxes catastrofistas” e por “actitudes partidarias”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/11/2016 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O Conselleiro de Educación acusou hoxe de mentireiros aos promotores das manifestacións e das folgas contra a LOMCE .  “Eu onte escoitei algunhas consignas que non teñen ningún fundamento”, declarou Román Rodríguez ao ser cuestionado polo éxito da folga deste xoves. 

Román Rodríguez
Román Rodríguez

"Fraco favor aos alumnos"

O mandatario carga contra as supostas  “actitudes irresponsables que lanzan mensaxes catastrofistas”. Na súa opinión, os colectivos críticos coas reválidas -que son a práctica totalidade dos grupos de proxenitores e de mestres- están a facerlle un “fraco favor” aos estudantes. Rodríguez animounos a  “deixar de lado actitudes partidarias” para entre todos tentar buscar un saída ao labirinto no que se converteu a derrogación da Lei do ensino do PP. 

Polo de agora, este chamamento non ten eco. Dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público insisten en que, malia que o Congreso votou pola derrogación da Lei, “as reválidas van ter valor académico”. Ante isto, esta plataforma alerta da “fraude do goberno” por “difundir a información de que as reválidas xa son pasado mentres se se pretende lexislar en sentido contrario”.

O consenso político para substituír a LOME está lonxe

Protesta contra a LOMCE Protesta contra a LOMCE
Protesta contra a LOMCE Protesta contra a LOMCE | Fonte: CIG

Todos os partidos da oposición -que onte participaron nas diversas mobilizacións- xa se pronunciaron a prol dunha derrogación definitiva da LOMCE e das reválidas. Tras as duras declaracións efectuadas hoxe polo conselleiro, abrir unha negociación para atopar un sistema alternativo de consenso parece, polo de agora, algo moi complicado.

Manifestación en Vigo para esixir a supresión das reválidas e a derrogación da LOMCE
Manifestación en Vigo para esixir a supresión das reválidas e a derrogación da LOMCE | Fonte: Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Gamela

WERT FÓRA DA OCDE !!! Mentres o responsable da LOMCE siga vivindo coma un marajá en París co cargo de embaixador de España ante a OCDE e a súa muller Montserrat Gomendio argallando as probas PISA no cargo de Directora Xeral Adxunta de Educación e Habilidades na mesma OCDE, a nosa loita será estéril !!! Cómpre cortar as sete cabezas da Hydra se queremos outro FUTURO !

1 detective colombo

E cobrando 10.000 euros os do partido populeta!!!! e para beneficiar os catolicones e demais porcallada, anque estiveron a perxudicar a centos de milleiros de galegos... política corruPPteira das alimañas pepeiras... son alimañas nocivas todo o que tocan o escarallan NON SON REFORMAS SON EMPEORAS!!!

2 Gamela

Wert pasou de limosneiro a superbecario nun tristrás... debe ser o premio que dan por españolizar ao alumnado catalán... é que non deu nin unha no clavo e por riba PAGAMOS NÓS O CARGO na OCDE !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...

1 Gamela

O Conselleiro senon é "parvo", faise! Sabe perfectamente que publicou o Decreto das Reválidas o derradeiro día do mes de xullo... (agosto pechado!) e debera dar as gracias pola PACIENCIA do profesorado que dende o 15 de setembro (e veremos o que acordan o luns 28, se acordan) TRAGOU comenzar un curso académmico sen saber nada de nada e sabe dios cando publicarán os Modelos de Exame da proba de acceso á Universidade seguro que os sacan logo da Semana Santa... para que o alumnado se presente un mes despois, maio 2017 ? VERGOÑA debera darlles estar a cobrar para PUTEAR ao Ensino Público!!! Non se viu un alumno da Privada Concertada (nin do Opus Dei) nas manifestacións... Seguro que teñen máis información por debaixo da mesa!!!

1 Gamela

Pero en todas as mobilizacións contra a LOMCE estamos esquecéndonos co principal responsable segue argallando dende a ODCE a Privatización da Educación Europea!!! Se non cortamos as 7 cabezas da Hydra estaremos facendo o IMBÉCIL !!! Wert & Gomendio & Mendez de Vigo & e tódolos paniaguados colaboracionistas que escribiron e traduciron os curricula educativos da LOMCE deberan ser CESADOS e declarados públicamente persoas NON GRATAS para o futuro das Sociedades Democráticas Europeas !!! (se tal que lles dean un posto en Turquia a ver se lles gusta!) Gomendio // http://www.efe.com/efe/espana/socie... Wert // http://www.exteriores.gob.es/Repres... Seica os nenos, agora, veñen de París !!!