Temas: SIRIA TERRORISMO

Detidos dous presuntos xihadistas do DAESH na Coruña

A operación estár elacionada coa detención de dous terroristas en Austria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/11/2016 | Actualizada ás 09:27

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo esta madrugada a catro presuntos xihadistas na Coruña e Almería pola súa integración en redes de inmigración utilizadas polo grupo terrorista Estado Islámico (DAESH) e que á súa vez, segundo o Ministerio do Interior, estaban relacionados con dous terroristas detidos en Austria que accedían a Europa a través da illa grega de Leros. 

Xihadista en Siria
Xihadista en Siria | Fonte: periodistadigital.com

A operación, desenvolvida pola Xefatura de Información da Garda Civil, baixo a dirección do Xulgado Central de Instrución Número 2 e a Fiscalía da Audiencia Nacional, permitiu a detención este luns pola mañá de dúas persoas nas localidades coruñesas de Arteixo e Tufions-Vimianzo e a outras dúas en Almería.

Temas: SIRIA TERRORISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta