Quen é o responsable das multas de aparcamento do hospital Álvaro Cunqueiro?

Os grupos políticos no Pleno de vigo enfróntanse polo tráfico na zona e as responsabilidade de que moitos usuarios sexan multados. Os socialistas piden corrixir as "deficiencias" de circulación e a oposición lembra que o alcalde dixo que non se multaría.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 28/11/2016 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

As numerosas multas de aparcamento que se están poñendo nos arredores do hosptial Álvaro Cunqueiro provocaron un tenso debate este luns no pleno municipal de Vigo. Os grupos de PSOE e PP mantiveron unha forte discusión pola tramitación destas sancións durante o debate dunha moción sobre a circulación e a seguridade vial no ámbito do centro sanitario.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: vigoalminuto.com

O PSOE presentou para o seu debate no Pleno unha moción na que insta á Xunta de Galicia a "corrixir todas as deficiencias" na seguridade viaria no ámbito do Hospital, ao tempo que reclama a gratuidad dos aparcamentos de consultas e de urxencias como "medida inmediata".

Na presentación da moción, o edil socialista Carlos López Font denunciou o "caos diario" da circulación nos accesos do HAC e instou o goberno galego a "pedir perdón" por facer de forma unilateral a ordenación do tráfico neses viais, sen consultar co Concello de Vigo.

Pola súa banda, o voceiro de Marea, Rubén Pérez, recordou que o goberno municipal facilitou a apertura do HAC, e mesmo as conexións de servizos e a construción de accesos, en virtude do acordo entre PP e PSOE para a aprobación dos presupostos municipais de 2014. Así mesmo, sinalou que "os veciños aparcan mal" nos accesos do hospital, ocasionando problemas de tráfico, "porque o alcalde lles dixo que non se lles ía multar".

Críticas

Na mesma liña, o concelleiro do PP, Miguel Fidalgo, suliñou que "quen debería pedir perdón é o concelleiro de Seguridade e Tráfico, señor Font,", por alimentar o incumprimento das normas de tráfico e seguridade". "Hai que ser irresponsable e caradura traer agora esta moción", engadiu.

Segundo Fidalgo, o alcalde de Vigo e o seu goberno actuaron de forma "neglixente" porque "se fartaron de dicir que non se ían poñer multas", co obxectivo de "xerar un conflito institucional para logo botar a culpa á Xunta, e todo a custa de provocar un caos circulatorio". "Agora poñen multas porque lles entrou o medo", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta