O profesor Carracedo impulsa un proxecto de investigación sobre cancro de cabeza e pescozo

Preto dun 10% dos diagnósticos de cancro son deste tipo e na maioría dos casos a resposta ao tratamento é mala. O profesor da Universidade de Santiago contará con financiamento da Asociación Española Contra el Cáncer.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/11/2016 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) presentou este luns as súas liñas de axuda á investigación, entre as que se inclúen un proxecto do profesor Ángel Carracedo sobre o cancro de cabeza e pescozo, que aparece en entre un 8 e un 10 por cento dos diagnósticos desta enfermidade. O profesor Ángel Carracedo (Universidade de Santiago) sinalou que na maioría de casos a resposta ao tratamento é mala e engadiu que "practicamente hai os mesmo métodos que hai 30 anos". O seu proxecto, financiado pola AECC, céntrase nun problema de resistencia ao tratamento que se observa nas células nais tumorais.

A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) presentou  as súas liñas de axuda á investigación, entre as que se inclúen un proxecto do profesor Ángel Carracedo sobre o cancro de cabeza e pescozo
A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) presentou as súas liñas de axuda á investigación, entre as que se inclúen un proxecto do profesor Ángel Carracedo sobre o cancro de cabeza e pescozo | Fonte: Europa Press.

A presidenta da Fundación Científica da AECC, Isabel Oriol, reafirmou o compromiso "total" da asociación polo investimento na investigación e destacou a calidade da proposta de Carracedo.

Neste acto, Oriol presentou as liñas de axuda á investigación da asociación. O Programas de Axuda da Fundación Científica AECC xira sobre dous grandes eixes: a axuda ao desenvolvemento de proxectos, e a axuda a persoas —que poden ser tanto estudantes como investigadores—. Entre estes primeiros dedícanse axudas tanto a pequenas ideas coma a proxectos máis grandes, como é o caso do de Carracedo.

Oriol tamén detallou os obxectivos a longo prazo da AECC, que pasan por aumentar o índice de supervivencia en pacientes con cancro ao 75%. En todo caso, destacou o aumento deste, que pasou dun 25% en 1953 a un 60% actualmente.

IMPORTANCIA DA INVESTIGACIÓN

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, destacou o esforzo de "tódolos profesionais sanitarios" e recordou que "o cancro é un dos maiores retos aos que nos podemos enfrontar" na nosa sociedade". Vázquez Almuíña tamén sinalou a importancia da AECC como interlocutora entre a sociedade e a administración.

Os asistentes ao evento recordaron a importancia dos voluntarios e daqueles que colaboraron coa asociación. Carracedo sinalou que "os fondos veñen da sociedade, das bases" e Oriol recordou que o diñeiro se consegue "euro a euro".

Finalmente, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela, Concha Fernández, afirmou que "canto máis invertemos en investigación máis gañamos en vida".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 sergas veterinaria

en primaria sobre todo, o confunden con sinusitis e despois o cancro avanza e si esta mal diagnosticado desde o principio e moi difícil cambiar, incluso indo a urxencias e facendo tac, rematan por decir que todo e un-ha masa... "de sinusitis" ou de alerxia... despois todo e correr para facer a quimio ou queimar con radioterapia, pois moitos non se poden operar, quedando secuelas o quedar tamen queimada a base do cráneo... producindose casos de epilepsia que después non son ben tratados en urxencia o non leer os médicos a historia enton podes rematar na uci, pois o meter medicación caen as constantes e non poden meter osixeno e teñen que facer un-ha traqueo, despois de romper catro dentes, e acabas como digo espertando na uci despois dun como inducido... e todo por aforrar... sobre todo si ven alguen que é autónomo e que non querer facer "absentismo" laboral