Temas: HIPOTECA

As execucións hipotecarias sobre vivendas soben un 45% en Galicia

No terceiro trimestre de 2016 realizaronse 328 execucións hipotecarias; 70 delas en vivendas de persoas físicas e 138 en vivendas de persoas xurídicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2016 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

As execucións hipotecarias sobre vivendas aumentaron un 45,4 por cento no terceiro trimestre de 2016 en Galicia, ata as 208, fronte ás 143 do mesmo período de 2015, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Execución hipotecaria
Execución hipotecaria | Fonte: Europa Press - UGR.

Con respecto ao segundo trimestre deste ano, cando se contabilizaron 169, o número de execucións hipotecarias sobre vivendas incrementouse nun 23 por cento.

En concreto, as certificacións por execucións hipotecarias iniciadas e inscritas no terceiro trimestre de 2016 en Galicia ascenderon a 328, das cales 25 foron sobre terreos rústicos, 208 sobre vivendas, 8 sobre soares e 87 sobre outros predios.

Del total sobre vivendas, 70 corresponden a vivendas de persoas físicas e 138 de vivendas de persoas xurídicas. En canto ao estado, 202 son con respecto a usadas e seis, novas.

DATOS ESTATAIS

En total en España, o número de execucións hipotecarias sobre vivendas habituais situouse en 3.919 no terceiro trimestre, cifra un 34,8% inferior á do mesmo período de 2015, segundo a estatística de execucións hipotecarias publicada este venres polo Instituto Nacional de Estatística.

En termos intertrimestrais (terceiro trimestre de 2016 sobre o segundo), as execucións hipotecarias sobre vivendas habituais retrocederon un 38,8%.

O obxectivo principal desta estatística é ofrecer trimestralmente o número de certificacións de execucións hipotecarias iniciadas e inscritas nos Rexistros da Propiedade durante o trimestre de referencia. Estadística recorda que non todas as execucións de hipoteca rematan co lanzamento (desafiuzamento) dos seus propietarios.

No terceiro trimestre iniciáronse 14.558 execucións hipotecarias, un 25,8% menos que no mesmo período de 2015 e un 30,4% por debaixo da cifra do segundo trimestre. Delas, 13.907 afectaron a predios (onde se inclúen as vivendas) e 651 a terreos rústicos.

As execucións hipotecarias sobre predios descenderon un 25,1% en relación ao terceiro trimestre de 2015 e un 29,9% respecto ao trimestre anterior. Dentro dos predios, 7.976 execucións corresponderon a vivendas, un 31,7% menos en taxa interanual, e de elas 4.979 eran execucións sobre vivendas de persoas físicas (-34,9% interanual).

Dentro das vivendas, as execucións hipotecarias sobre vivendas de persoas físicas sumaron 4.979 no terceiro trimestre (-34,9% interanual), das que 3.919 son vivendas habituais en propiedade e 1.060 non son residencia habitual dos propietarios. Estas últimas baixaron un 35,5% respecto ao terceiro trimestre de 2015.

Segundo o INE, só o 0,02% das vivendas familiares existentes en España (18.455.800) iniciaron unha execución hipotecaria entre xullo e setembro de 2016.

MÁIS EXECUCIÓNS EN VIVENDAS USADAS

Do total de execucións hipotecarias sobre vivendas rexistradas no terceiro trimestre, un total de 7.149 afectaron a vivendas usadas, cun descenso interanual do 29,1%. As execucións sobre vivendas novas sumaron 827, un 48,1% menos respecto ao mesmo trimestre de 2015.

A estatística revela ademais que o 18% das execucións hipotecarias iniciadas sobre vivendas no terceiro trimestre corresponde a hipotecas constituídas en 2007, o 19,1% a hipotecas subscritas en 2006 e o 14,1% a hipotecas asinadas en 2008. Ampliando un pouco máis o espectro, aos anos 2005-2008, obtense que este período concentra o 59,9% das execucións hipotecarias iniciadas no terceiro trimestre deste ano.

ANDALUCÍA LIDERA AS EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS SOBRE VIVENDAS

Por comunidades autónomas, Andalucía lideró as execucións sobre vivendas no terceiro trimestre, cun total de 2.151, seguida de Comunidade Valenciana (1.624) e Cataluña (1.515). No lado oposto situáronse País Vasco (40), La Rioja (53) e Navarra (54).

Sobre o total de terreos, Andalucía tamén encabezou o número de execucións hipotecarias, con 3.833, seguida de Comunidade Valenciana (2.988) e Cataluña (2.755). Á cola situáronse Cantabria (94), Navarra (100) e Asturias (102).

Temas: HIPOTECA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta