A Asociación de Actores expresa a súa “inquietude” pola escasa produción e baixa contratación do CDG

O colectivo emitiu un comunicado no que manifesta a súa "inquietude" e "decepción" ante a "escasa produción" e a "baixa contratación actoral" que desenvolverá o Centro Dramático Galego durante a tempada 2017.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2016 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) emitiu este venres un comunicado no que expresou a súa "inquietude" e "decepción" ante a "escasa produción" e a "baixa contratación actoral" que desenvolverá o Centro Dramático Galego (CDG) durante a súa tempada 2017.

Teatro do Noroeste representando Palabras Malditas.
Teatro do Noroeste representando Palabras Malditas.

Tras a presentación esta semana da programación da compañía pública para 2017, a asociación recordou que o CDG adaptará dúas pezas de Valle-Inclán ao galego, 'As galas do defunto' e 'A filla do capitán', deixando, non obstante "coxa", a triloxía 'Martes de Carnaval', xa que non se fará o mesmo cos 'Cornos de Don Friolera'.

A asociación criticou que esta decisión se tomou "por cuestións orzamentarias que non responden a criterios artísticos" e lamentou que toda a produción do CDG para 2017 quede "reducida a unha obra" que, "por moito que sexa un espectáculo dobre, non deixa de ser unha única montaxe cunha única estrea e unha única xira" por Galicia".

Finalmente, a AAAG criticou que o elenco destas pezas vaia estar formado "unicamente por dez intérpretes", un "volume de contratación totalmente inaceptable" por parte do Centro Dramático, que consideran que debe "recuperar o seu papel de teatro nacional" para Galicia.

Fronte a isto, a asociación reclamou que o CDG "incremente a súa produción anual" e que as producións que leve a cabo aumenten os seus elencos, ao tempo que pediu que se recupere o Consello Asesor como "espazo de diálogo" coa profesión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Merucu xusticieru

Non hai cartos para a cultura pero si para os asesores do presi e o vice (3,5 millons...)