O legado de Díaz Pardo tamén morre en Ferrol

Mobilizacións en Ferrol en contra do peche da Galería Sargadelos. Entidades sociais pídenlle á empresa “unha reflexión e rectificación” para que a galería continúe a súa actividade cultural nesta cidade.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 19/12/2016 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A Galería Sargadelos desaparecerá de Ferrol. Iso é, cando menos, o que lle transmitiu xa a empresa aos seus traballadores. Un anuncio que non caeu nada ben entre parte do tecido asociativo e cultural da cidade departamental que xa anunciou mobilizacións.

Galería Sargadelos de Ferrol
Galería Sargadelos de Ferrol | Fonte: Sargadelos

Así, este luns, ás 19.30 horas terá lugar unha concentración convocada pola  AVV O Rosario Inferniño que lembra que “o legado cultural do galeguista Isaac Díaz Pardo nesta galería representa algo máis cunha simple empresa comercial”.

De feito, neste céntrico local teñen lugar, habitualmente, reunións e actividades de determinadas asociacións “co obxecto de reivindicar a cultura e reivindicacións sociais”. Por iso, esta entidade pídelle ao goberno local, á Xunta e a entidades políticas e sociais a súa intervención “co fin de evitar este peche”. Tamén lle reclaman á empresa “unha reflexión e rectificación” para que a galería continúe a súa actividade cultural en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Manolo Pozo

E que dí o concelleiro de Cultura de Ferrol ?

1 Eanes

Eu non sei o que di. O que si sei é que estivo na concentración que tivo lugar o luns 19 diante da Galería Sargadelos. Tamén estivo o alcalde, quen, ademais de mostrar o seu rexeitamento á perda dun referente cultural en Ferrol, afirmou que esta semana vai levar este asunto á, creo recordar, Xunta de Portavoces. Supoño que o concelleiro non dixo nada porque xa o dixo o alcalde, de maneira que é lóxico deducir que pensan o mesmo. Chégalle a resposta, señor Pozo?