Sae á venda o manuscrito inédito de Manuel Antonio 'De catro a catro', nunha coidada edición facsimilar

O manuscrito inédito de Manuel Antonio do poemario 'De catro a catro' sae á venda nunha coidada edición facsimilar, a cargo do consocio de Santiago e de Alvarellos Editora, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2016 | Actualizada ás 18:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O manuscrito inédito de Manuel Antonio do poemario 'De catro a catro' sae á venda nunha coidada edición facsimilar, a cargo do consocio de Santiago e de Alvarellos Editora, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A edición respecta fielmente o formato orixinal no que foi creado: un caderno contable en tapa dura. O deseño da capa é a reprodución exacta do caderno orixinal, protexida nesta edición facsimilar por unha sobrecuberta.

'De catro a catro' é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos e está considerado como unha dos cumios universais da poesía vanguardista.

O coidado desta edición, que inclúe a transcrición do texto coa identificación das súas variantes e a reprodución de varias fotografías e ilustracións moi pouco divulgadas ata agora, corre a cargo do catedrático da USC Anxo Tarrío Varela.

A obra será presentada nun acto público organizado polo Consorcio de Santiago a principios do próximo ano.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta