Piden ás institucións que asuman o 'Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos'

O documento, elaborado por expertos europeos, propón dotar de espazos de uso en educación, medios de comunicación ou cultura, entre outros

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/12/2016 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

Un grupo de entidades galegas que promoven o galego en ámbitos como a educación, a cultura ou a sociedade subscribiron o 'Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, un texto que inclúe decenas de medidas para potenciar espazos de uso para as linguas minorizadas dos diversos territorios de Europa que promoverán nas distintas institucións de Galicia.

Acto  para o cumprimento da Carta Europea das Linguas e a derrogación do decreto contra o galego
Acto para o cumprimento da Carta Europea das Linguas e a derrogación do decreto contra o galego

O documento foi presentado o pasado 17 de decembro en Donosti e foi elaborado por un comité científico e a participación de expertos de diversas rexións europeas, entre elas Galicia. O texto inclúe 180 medidas destinadas a garantir os dereitos lingüísticos en ámbitos como a onomástica, o ocio, a cultura, ou as administracións públicas.

Varias das entidades galegas asinantes deste texto participaron nunha rolda de prensa de presentación este venres en Santiago de Compostela, como A Mesa pola Normalización Lingüística, Escolas en Galego A Semente, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística, Asociación Profesional de Actores de Dobraxe, Prolingua galega ou CIG-Ensino.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, destacou que as distintas entidades difundirán a tradución ao galego do protocolo, que se distribuirá de forma "masiva" por toda Galicia, e organizarán contactos coas institucións para que "asuman e apliquen o contido", como as universidades, a RAG, o Conselllo da Cultura, o Parlamento ou o Goberno da Xunta.

Pilar García Negro, escritora, sociolingüística e unha das participantes no comité científico que elaborou o texto, explicou que o protocolo dá continuidade á Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos aprobada no 96, enmarcando estas demandas nos "dereitos humanos básicos".

A pesar diso, advertiu que "todo dereito para ser real necesita un deber correlativo dos poderes públicos" con "vocación e promoción de acción de Goberno", polo que aspiran a que estas medidas "rendan o froito debido" en Galicia.

"ESTATUTO DE NORMALIDADE"

O texto, baseado tanto na citada declaración de dereitos como na Carta Europeas de Linguas Minorizadas, organízase en distintos ámbitos de actuación, dende as administracións públicas, xustiza, dereitos de onomástica e sinalización, e un apartado "fundamental" dedicado aos medios de comunicación e as novas tecnoloxías.

"Aspiramos a alcanzar ese estatuto de normalidade e ter posibilidade de usos con toda regularidade e normalidade", destacou, recordando que "toda lingua" normalizada dispón dun "abano de usos" que non se discute por parte dos Estados.

García Negro advertiu de que hai "indicadores de auténtica alarma" arredor do galego, rexistrándose "un auténtico retroceso" en pleno século XXI da man dunha Xunta e a súa "maquinaria de españolización", que "aumenta día a día" e persevera grazas á "naturalidade" coa que se asume "a exclusión" do idioma.

Así, confiou en que o galego "reine na súa terra" recordando que "os dereitos non son un adorno identitario", senón que debe existir un deber "garantista" que permita o seu exercicio diario "en todos os ámbitos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 fartodalingua

Los niños gallegos cuya lengua propia es el español ¿tendrán reconocido el derecho a educarse en español en su propia tierra?

1 nostrus

El nacionalismo pretende convencernos de que el español no es nuestra lengua, pero no debemos permitirselo porque entonces no tendriamos derecho a usarlo y mismo sus dueños podrian cobrarnos por usarlo ( mo le demos ideas a la SGAE por si acaso). El nacionalismo es una religion contraria a la inteligencia. Los niños gallegos cuya lengua propia es el español deberan ser sometidos a un proceso de desentoxicacion para que cumplan los parametros diseñados por el nacionalismo. Mas adelante tambien pasaran por un proceso similar de reeducacion los gallegos zurdos, los vegetarianos y los que no les guste el pulpo y el lacon con grelos.

2 Uffff

que bonito, estamos viendo una preciosa disquisición entre Dr. Jekill y Mr. Hyde. Precioso par de ignorantes

1 nostrus

Me faltó oxígeno al nacer.

1 nostrus

mucho ademas