O rei de España usa só o galego para desexar unhas "Boas Festas"

Felipe VI critica indirectamente o proceso independentista en Cataluña, asegura que "xa se está saíndo da crise" e pide diálogo entre as grandes formacións políticas.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 25/12/2016 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

"Bo Nadal e boas festas". Foi a única referencia a Galicia que houbo no discurso de Nadal do rei de España, Felipe VI, durante a súa tradicional mensaxe de Nadal. Unha mensaxe na que volveu a aludir ás tensións territoriais, á situación económica e á Constitución Española.

Mensaxe de Nadal de Felipe VI
Mensaxe de Nadal de Felipe VI | Fonte: RTVE

Así, fixo unha contundente chamada á convivencia "entre todos os españois" e unha defensa da Constitución na que, dixo, "caben todos". Unha clara alusión ao proceso independentista iniciado en Cataluña. 

Neste sentido, considerou "inadmisibles" as actitudes e comportamentos contra "os dereitos que teñen e comparten todos os españois para a organización da vida en común". "Vulnerar as normas que garanten a nosa democracia e liberdade só leva, primeiro, a tensións e enfrontamentos estériles que non resolven nada e, logo, ao empobrecimiento moral e material da sociedade", dixo en alusión aos supostos ataques que recibe a Constitución desde algunhas instancias políticas, en alusión ao proceso catalán.

"Xa non vivimos tempos para pecharnos en nós mesmos, senón para abrirnos ao mundo (...) Non o son tampouco para fracturas, para divisións internas, senón para pór o acento no que nos une, construíndo sobre a nosa diversidade", engadiu. "Son tempos", proseguiu, "para profundar nunha España de brazos abertos e mans tendidas, onde ninguén axite vellos rancores ou abra feridas pechadas". Uns tempos, defendeu, nos que hai "motivos e razóns máis que poderosas para a unión".

Diálogo entre os grandes partidos

Por outra banda, o monarca español tamén aludiu a actual situació política e pediu diálogo aos grandes partidos. Un diálogo que manteñen, principalmente, PP e PSOE en grandes asuntos do Estado. Por iso, Felipe VI pasou páxina e considerou superada esta "complexa situación política". Nese tempo, liberado da presión política, coa "serenidade" e a "tranquilidade" recuperadas, dixo que é "esencial" que "o diálogo e o entendemento entre os grupos políticos permita preservar e impulsar os consensos básicos para o mellor funcionamento da nosa sociedade". Unha clara alusión aos acordos que poden manter no futuro PP e PSOE.

Ademais, referiuse á situación económica, da que dixo, "xa se está recuperando España".  E, aínda que non obviou o impacto que tivo a profunda crise económica na sociedade, desexou que a recuperación iniciada, tal e como defende o Goberno de Rajoy, "se consolide" e permita "corrixir as desigualdades derivadas", así como "fortalecer a cohesión social".

Finalmente, Feipe VI considerou a educación "a clave esencial" e reivindicou unha educación que asegure e actualice permanentemente os coñecementos de todos os españois e que os forme "en linguas e en cultura, en civismo e en valores", aínda que sen especificar que linguas e culturas "Que prepare aos nosos mozos para ser cidadáns deste novo mundo, máis libres e máis capaces", concluíu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 PAPUXA

A monarquía é un ranciofact

3 Derio

Queeredes o discurso enteiro en galego? Deixade as drojas

2 Pobre Villares

Como Lidia Senra en Europa. Sería por se hai gregos ou mexicanos escoitando.

1 Diogo

Na verdade a única referência à Galiza foi "Boas festas". Bon nadal era em catalám.