Unha ampla parte de Galicia, entre as zonas de Europa con mellor calidade do aire

Santiago de Compostela e Lugo mostran os niveis máis altos de contaminación entre as cidades galegas, seguidas da Coruña e Vigo, segundo datos da Organización Mundial da Saúde. Pola contra, Ourense é a urbe co aire máis limpo e Noia presenta un dos mellores valores de Europa. Boa parte de Galicia rexistra os mellores niveis do continente cos países escandinavos, Escocia, Irlanda e partes do sur de Francia e do norte de España; o resto de Europa supera o límite establecido pola OMS.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 30/12/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A contaminación do aire converteuse nos últimos días nun dos temas centrais nos medios de información e nas redes sociais, logo de que a cidade de Madrid puxese en marcha por primeira vez na súa historia o escenario 3 do protocolo de contaminación para atallar o problema que sofre a urbe, restrinxindo o tráfico no interior da M30 ao 50 por cento dos vehículos. Pero o problema non só afecta á capital de España; o 92 por cento da poboación mundial vive en lugares onde os niveis de calidade do aire non alcanzan os límites fixados pola Organización Mundial da Saúde (OMS). O organismo das Nacións Unidas elaborou un novo modelo de calidade do aire e publicou recentemente un amplo e detallado informe acompañado por un mapa interactivo cos niveis de contaminación en todo o planeta. Nese mapa pode apreciarse que toda Europa supera os límites establecidos, agás os países nórdicos, case toda Escocia e Irlanda, unha pequena franxa do sur de Francia e en España, a zona pirenaica, parte de Sistema Ibérico e o Noroeste, ademais de puntos illados da cornixa cantábrica; porén, practicamente todo Portugal e toda a metade sur española superan os máximos de contaminación aconsellados.

Mapa da Organización Mundial da Saúde que mostra os niveis de contaminación do aire en Europa, sendo as zonas verdes as que se atopan en índices aceptables para a saúde e o resto, por riba do aconsellado
Mapa da Organización Mundial da Saúde que mostra os niveis de contaminación do aire en Europa, sendo as zonas verdes as que se atopan en índices aceptables para a saúde e o resto, por riba do aconsellado | Fonte: OMS.

Noia, con tan só 4 μg/m3, rexistra un dos niveis de contaminacióin máis baixos en toda Europa, segundo os datos da OMS.

Máis detalladamente, o mapa interactivo da OMS revela que as zonas máis contaminadas de Galicia, que superan por moi pouco os límites establecidos, son toda a contorna de Ferrol e A Coruña, unha ampla parte da provincia de Pontevedra e do suroeste de Ourense, parte do norte de Lugo e a contorna de Compostela, principalmente. Con todo, o mapa debuxa unha ampla parte de Galicia de cor verde, con medicións que rexistran un volume de partículas en suspensión inferior aos 10 microgramos por metro cúbico (μg/m3), o límite que establece a OMS.

Entre as cidades galegas, destacan os casos de Santiago de Compostela e Lugo, que mostran os niveis de contaminación máis altos, con 13 microgramos por metro cúbico, seguidas por A Coruña (12 μg/m3), Vigo (11 μg/m3) e Ferrol e Pontevedra (10 μg/m3).

Doutro lado, Ourense é a cidade que mellores índices rexistra, con só 7 μg/m3 —por debaixo do máximo que establece a OMS como medida límite— e Noia sitúase como a localidade de Galicia co aire máis limpo das monitorizadas, con tan só 4 μg/m3, un dos niveis máis baixos en toda Europa, por debaixo mesmo dos valores rexistrados en localidades escandinavas.

O Noroeste ten os mellores índices de calidade do aire na Península Ibérica xunto coa zona pirenaica e parte do Sistema Ibérico, segundo os datos da Organización Mundial da Saúde
O Noroeste ten os mellores índices de calidade do aire na Península Ibérica xunto coa zona pirenaica e parte do Sistema Ibérico, segundo os datos da Organización Mundial da Saúde | Fonte: OMS.

O MODELO DA OMS

O novo modelo da OMS, elaborado en colaboración coa Universidade de Bath (Reino Unido), mostra as zonas do mundo onde existe risco para a saúde debido á contaminación do aire e proporciona información de referencia para monitorear os progresos na loita contra este fenómeno. O modelo baséase en datos procedentes de medicións por satélite, modelos de transporte aéreo e monitores de estacións terrestres en relación con máis de 3.000 localizacións, tanto rurais como urbanas.

O modelo calibrou coidadosamente os datos procedentes dos satélites e as estacións terrestres para maximizar a fiabilidade. A exposición á contaminación do aire nos países analizouse tendo en conta a poboación e os niveis de contaminación do aire cunha resolución cuadricular dun 10 km x 10 km.

O mapa interactivo resultante proporciona información sobre a exposición ponderado en función da poboación a partículas dun diámetro aerodinámico de menos de 2,5 micrometros (PM2,5) respecto de todos os países. No mapa tamén se indican os datos procedentes das estacións de vixilancia respecto dos valores de PM10 e PM2,5 nas 3.000 cidades e municipios monitorizados.

Uns 3 millóns de mortes ao ano en todo o mundo están relacionadas coa exposición á contaminación de aire de exteriores.

EFECTOS DA CONTAMINACIÓN DO AIRE NA SAÚDE

Uns 3 millóns de mortes ao ano en todo o mundo están relacionadas coa exposición á contaminación de aire de exteriores. A contaminación do aire de interiores pode ser igualmente letal, alerta a OMS. Así, en 2012, segundo as estimacións, 6,5 millóns de mortes (11,6% de todas as mortes mundiais) estiveron relacionadas coa contaminación do aire tanto de interiores como de exteriores.

Case o 90% das mortes relacionadas coa contaminación do aire prodúcense en países de ingresos baixos e medianos, e case dous de cada tres prodúcense nas rexións de Asia Sudoriental e do Pacífico Occidental.

O 94% das mortes débense a enfermidades non transmisibles, sobre todo cardiovasculares, accidentes cerebrovasculares, a neumopatía obstructiva crónica e o cancro de pulmón. A contaminación do aire tamén aumenta o risco de infeccións respiratorias agudas.

Entre as principais fontes de contaminación do aire figuran os modos ineficientes de transporte, a queima de combustible nos fogares e a queima de refugallos, as centrais eléctricas e as actividades industriais. Con todo, a actividade humana non é a única fonte de contaminación do aire. Por exemplo, as tormentas de area, especialmente en rexións próximas a desertos, tamén poden influír na calidade do aire, como sucede en África, onde moitas zonas debuxadas de cor vermello están afectadas por estes fenómenos.

En maio de 2016, a OMS aprobou unha nova folla de ruta destinada a acelerar as medidas para facer fronte á contaminación do aire e as súas causas. Nesta, faise un chamamento ao sector da saúde para que intensifique a vixilancia da contaminación do aire a nivel local, avalíe as repercusións sanitarias e exerza un maior liderado respecto das políticas nacionais que afectan á contaminación do aire.

DIRECTRICES DA OMS

O modelo de calidade do aire da OMS confirma que o 92% da poboación mundial vive en lugares onde os niveis de calidade do aire exceden os límites fixados nas directrices da OMS sobre a calidade do aire ambiente para unha media anual de partículas cun diámetro inferior a 2,5 micrometros (PM2,5). Os límites establecidos nas directrices da OMS respecto da media anual de PM2,5 son 10 μg/m3.

As PM2,5 inclúen contaminantes como o sulfato, os nitratos e o ferruxe, que penetran profundamente nos pulmóns e no sistema cardiovascular, o que representa un risco grave para a saúde humana.

Este outono, a OMS puxo en marcha Breathe Life, unha campaña de comunicación mundial cuxo obxectivo é concienciar á opinión pública sobre a contaminación do aire en canto risco importante para a saúde e o clima. A campaña ponse énfase nas políticas de carácter práctico que as cidades poden adoptar (por exemplo, a mellora da vivenda, o transporte e os sistemas enerxéticos e de xestión de refugallos) e nas medidas que as persoas poden tomar a nivel comunitario ou individual (por exemplo, deixar de queimar os refugallos e promover os espazos verdes e os desprazamentos a pé ou en bicicleta) para mellorar o noso aire.

Mapa mundial da calidade do aire realizado pola Organización Mundial da Saúde. As zonas vermellas presentan os peores índices e as verdes, os mellores
Mapa mundial da calidade do aire realizado pola Organización Mundial da Saúde. As zonas vermellas presentan os peores índices e as verdes, os mellores | Fonte: OMS.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Don Pimpón

Está claro que en USA non hay industria excepto nos grandes lagos, Nova Iorque, Los Angeles e Alaska. O resto está todo DPM, incluído Texas. Apreciase que xusto na frontera con México xa a cousa vai moito peor. Me parto! XD

2 Sesese

Que a coruña a carón do mar, e sempre con vento ,sexa unha cidade con contaminación pareceme raro .

1 anonimo

Mira Barcelona, unha cidade de costa co aire moi contaminado. Entre outros factores, o transporte marítimo e algunhas industrias inflúen moito na contaminación da Coruña http://www.laopinioncoruna.es/socie...

1 contaminante

E digo eu, ten esta nova que ver co feito de que a grande noticia de todos os xornais é que nunha cidade do centro da península Ibérica se prohibe os coches pola contaminación, e unha noticia local convírtese en tema sideral, e nos tan preocupados. Nota: Será que temos mentalidade de colonizados?

1 Anonymous

Xa me parecía raro que non saltase un comentario destes. Os nazionatas politizades até o aire, como o PP; non vos distinguides moito. Vós ao voso e o resto do mundo ao noso.

2 Galahaz

Anonymous, é absolutamente lamentábel que todos os telexornais e medios de comunicación (incluída a TVG) lle dediquen tanto tempo/espazo a unha nova de ámbito local que afecta única e exclusivamente a un municipio do Estado, por moi capital que sexa. Que a xente coma ti lle pareza normal non é máis que máis outra mostra do colonizados que estades algúns. Interésavos máis o que pasa na villa y corte aínda que non vos afecte en nada, que calquera outra nova relevante a nivel global, estatal, nacional ou local. Por min como se obrigan aos madrileños ir traballar en bicicleta, impórtame un carall0.

3 Anonymous

Ben, Galahaz, logo de meterte na miña mente sen coñecerme e de saber e explicarme o que penso, o que me preocupa e interesa e o que non, vouche contar que a min me parece moi interesante que alguén me diga cales son os niveis de contaminación do aire en Galicia. Ou a información é de Madrid? E non vexo nada de malo que se hai unha emerxencia por contaminación, terremotos ou o que sexa nun lugar próximo, aproveitemos para coñecer como estamos nós ao respecto. Pero, nada estou colonizado porque ti o dis, que es deus. Mira, meu, eu de bandeiras e de fronteiras nada, nin española nin galega nin chinesa. Eu vivo no mundo e son cidadán do mundo. Se queredes politizar o aire, politizarme a min e politizar as vosas neuronas, vós mesmos. A min o que me interesa é saber se o aire que respiro na miña vila é bo ou malo, nada máis. Saúdos e sorte co voso.

4 Galahaz

A que trouxo a "politización" a esta conversa foches ti ao cualificar de nazionata ao compañeiro de riba que, ao fío de que neste dixital se poña en portada unha nova sobre contaminación cando non é habitual, criticou que a axenda informativa do GC semelle vir marcada pola excesiva cobertura dada polos medios de comunicación a unha nova de estrito ámbito local como é a das medidas anticontaminación tomadas en Madrid este día (crítica que comparto plenamente). E paréceme moi ben que sexas cidadá do mundo. Eu son galego. Saúdos.

5 Anonymous II

A todos estes que erguen bandeiras e fronteiras até para comprar bananas e que morrerían por iso que chaman patria había que hackearlles os ordenadores e as mentes, a ver se atopamos algún resquicio de intelixencia, cousa que dubido. Formatealos é a solución. Teñen máis contaminada a mente que o aire de Madrid. Eles si que están colonizados pola ignorancia. As nacións e a patria para os ignorantes. A contaminación é un problema global, non exclusivo dos vosos colonizadores madrileños. Non é tan difícil de entender. E como dicían en Trainspotting, hai que ser moi pailán para estar 'colonizados' por uns papaostias.

6 Galahaz

Outro que non se entera (ou non se quere enterar). Por que sendo a contaminación un problema gravísimo e global os medios pasan dela habitualmente en vez de andar a bombardearnos todos os días con novas sobre os índices de contaminación e as medidas tomadas para combatela noutros lugares do mundo onde esta é infinitas veces superior á de Madrid? E para iso non hai que irse á China ou aos Estados Unidos. Pasa aquí ao lado, en Europa. E nunca se di nada. Agora ben, hai unha noticia sobre Madrid e... "paren as rotativas!". Horas e horas machacando coa pvta noticia dos coll0ns. Está ben que o digan, pero que sexa a noticia da semana paréceme absurdo, informando sobre absolutamente todo o que teña que ver con ela. Pero o que máis absurdo me parece todavía sodes os "cidadáns do mundo" para os que "o mundo" remata nos Pirineos.

7 Anonymous II

Galahaz, saúdos dende Londres, alén dos Pirineos, e dende o ciberespazo, onde non temos fronteiras nin Estados nin nacionalidades. Por certo, o artigo dá datos de Galicia, non de Madrid, pero tampouco me parece mal que se informe da 'colonia' madrileña, de Londres ou de Tokio (supoño que cando saen novas do problema da contaminación en China na TVG non vos poñedes como cans de presa como cando saen as de Madrid). E non é a primeira vez que eu vexo neste xornal novas deste tipo. Cibersaúdos.