Nova guerra entre El Correo Gallego e o alcalde de Santiago

O xornal santiagués denuncia ante os tribunais ao rexedor. Compostela Aberta acúsao de querer botalo da alcaldía e El Correo responde que existe unha campaña para acabar con este medio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/01/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A situación fiscal límite de El Correo Gallego protagoniza o último choque deste xornal co alcalde de Compostela Aberta, unha guerra que é vella e que acaba de activarse con toda a súa virulencia. Un xornal web publicaba o pasado xoves a existencia dunha imputación de Martiño Noriega acusado polo propio diario santiagués. Compostela Aberta denuncia unha campaña contra el e, para rizar o rizo, La Voz de Galicia airea as débedas de El Correo.

Martiño Noriega
Martiño Noriega

Segundo informou Fernando Varela en Infolibre,  o xornal denunciou xudicialmente a Martiño Noriega para rematar "judicialmente con el" por “hacer pública en las redes sociales su deuda con la Seguridad Social”. O edil “imputado”, di, “alegó en su defensa que como alcalde no tiene acceso a los datos de la Seguridad Social”. 

Unha situación xudicial que deu lugar a un comunicado de Compostela Aberta –o grupo que sustenta a Martiño Noriega-- e no que denuncia unha campaña deste xornal para rematar co edil.  El Correo Gallego non tardou en respostar a través dun durísimo editorial contra o “alcalde 2.0” no que denuncia tamén unha suposta “campaña orquestada” contra o periódico e a liberdade de prensa por parte da marea. O xornal recoñece a existencia dunha denuncia contra Noriega pero non dá máis datos sobre ela.  

Todos se escudan no “segredo do sumario”, El Correo Gallego por ser a parte denunciante, e Martiño Noriega e o concello, por ser a parte denunciada. De feito, este venres o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, falou desta situación. “É un caso que está en segredo de sumario e non me corresponde a min dicilo aquí publicamente”, suliñou. 

Con todo, aclarou, como xa apuntara a nota de Compostela Aberta, que “hai determinados sectores e medios de comunicación que aínda dubidan da nosa lexitimidade para estar”. “Unha cousa é a crítica, que é lexítima, e outra é o o descrédito que pretende ilexitimar a este goberno para exercer as funcións para o que foi elixido. Hai unha gran diferencia entre a crítica e isto segundo”, argumentou Duro.

Martiño Noriega en rolda de prensa
Martiño Noriega en rolda de prensa | Fonte: santiagodecompostela.gal

O certo é que concello, con Noriega ao fronte, e El Correo Gallego levan un longo historial de desencontros, moitos deles aireados públicamente polas dúas partes. Unha guerra que está, agora, ademais, xudicializada, e que rematará irremediablemente cun dous dous bandos tocado.

As débedas de El Correo Gallego

E no medio desta tensa situación, unha información publicada pola Voz de Galicia bota aínda máis leña ao lume. Este venres, o xornal de Santiago Rey publicaba un duro artigo no que airea as débedas de El Correo Gallego e detalla os problemas da editorial para afrontar un pasivo de máis de 16 millóns de euros, sobre todo con Abanca e Lico Leasing. 

Unha moi difícil situación económica que provocou que tivera que deixar a súa histórica sede no centro de Santiago –na rúa do Preguntoiro--, que queda en mans do banco galego para saldar parte desa débeda, e trasladar as oficinas e os empregados a un edificio dun polígono industrial na Costa Vella. 

Unha información, a de La Voz, que pode facer moito dano a El Correo, nun ataque que ten poucos precedentes entre os grandes medios do país, pouco dados a airear os seus problemas internos. Segundo as fontes consultadas por GC, as razóns habería que buscalas no feito de que se desaparece o xornal santiagués, o seu mercado e influencia quedará só en mans de La Voz de Galicia.

GC publica o comunicado de Compostela Aberta e o editorial de El Correo Gallego:

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DO XOVES 12

Diante das informacións que hoxe publica o diario dixital infolibre.es desde Compostela Aberta queremos aproveitar para amosar publicamente o noso firme apoio e solidariedade co alcalde Martiño Noriega e tamén para facer públicas unha serie de reflexións.

En maio de 2015 Martiño Noriega foi o catalizador e motor imprescindible para que unha candidatura de iniciativa cidadá como Compostela Aberta contase co apoio de máis de 16.000 veciños e veciñas de Santiago e fose a vencedora, como lista máis votada, nas eleccións. Martiño foi peza chave para que se cumprise o desexo da entrada de aire novo na corporación municipal compostelán.

Desde o minuto 1, despois desa vitoria electoral, sectores inmensamente conservadores e escuros da sociedade santiaguesa manifestaron a súa repulsa ao resultado das urnas. Sectores que deixaron ben clara a súa inexistente calidade democrática e que estarían dispostos a todo con tal de expulsar de Raxoi aos ‘intrusos’ que poderían supor unha ameaza para o mantemento dos seu privilexios.

El Correo Gallego ten sido o principal axitador de toda esta corrente de presión que persegue demostrar que nada se pode mover en Santiago de Compostela sen o seu beneplácito. Un grupo de comunicación que, ademais, era o máis privilexiado polos anteriores gobernos municipais do PP, absorbendo máis da metade dos recursos publicitarios do Concello.

A pesar do claro resultado das urnas, El Correo Gallego ataca, descalifica e insulta día si e día tamén ao alcalde democraticamente electo: Martiño Noriega. Un primeiro edil que é alcumado de alcalde 2.0, que é recortado nas fotos, que é eliminado das informacións, que é atacado sistematicamente ata en cuestións persoais. Manipulacións e falsidades sempre ao servizo daqueles que pretenden que nada mude.

As información publicada evidencia que El Correo non só procura a ‘morte mediática’ de Martiño Noriega senón que tamén procura, por vía xudicial, a súa inhabilitación para exercer cargo público.  Usando novamente falsas acusacións contra o alcalde demostran que o seu desexo de recuperar o seu status privilexiado é tan poderoso que eles todo vale. Que están dispostos a todo.

Compostela Aberta é unha realidade que chegou para quedarse, isto é así e non vai mudar por moito que lle doa aos sectores máis inmobilistas da cidade. Somos unha opción política integradora e que defende os intereses do 99%, da xente do común, dos de abaixo. Non van amedrentarnos, non o conseguiron ata agora nin o van conseguir cara o futuro.

Sabemos que a labor de goberno sempre chega acompañada de críticas, como non pode ser doutro xeito, que ademais pensamos que son necesarias e desexables en toda sociedade. A saúde democrática tamén se mide nesta capacidade de construír medios críticos e que axuden a que entre todas e todos poidamos defender o ben común e os intereses dos máis. Unha defensa da liberdade de prensa e da liberdade de expresión que, porén, non debe de encubrir as actitudes manifestamente antidemocráticas de quen entende a información só como manipulación, como é o caso deste diario.

El Correo Gallego quere inhabilitar a Martiño Noriega por ter exercido a súa liberdade de expresión e por tentar mostrar a hipocrisía daqueles que sabendo que nun momento determinado non podían contratar, polas súas débedas, coas administracións públicas, difamaron e mesmo se vitimizaron co uso da publicidade institucional. Nova mostra de cómo actúa quen está acostumado ás practicas coercitivas que rozan as máis baixas prácticas mafiosas.

Fronte a toda esta estratexia de acoso e derribo Compostela Aberta continuará a pelexar do mellor xeito que sabemos. Desde o goberno municipal con Martiño Noriega como alcalde sen baixar os brazos nin por un segundo fronte a aqueles que viven instalados no todo vale para conseguir os seus escuros obxectivos.

Aínda que para eles sexamos uns intrusos, nós chegamos para quedarnos.

**************************************

EDITORIAL DE EL CORREO DO VENRES 13

Tan arriba (el alcalde 2.0), tan abajo (Santiago)

EN LO QUE APESTA a campaña orquestada, el digital infoLibre publicó ayer una curiosa información bajo este titular: El diario ‘El Correo Gallego’ intenta inhabilitar judicialmente al alcalde de En Marea en Santiago. Colgada en Internet a la seis de la mañana, la noticia fue aprovechada como percha, pocas horas después, por Compostela Aberta para mostrar su apoyo y solidaridad con Martiño Noriega, y hacer lo que los mareantes llaman reflexiones, pero que en puridad son ataques desmelenados y torticeros contra esta Casa y contra quienes se atreven a ejercer la bendita libertad de pensar como les viene en gana y no, ¡coitadiños! como les gustaría a los jacobinos gurús de la (presunta) nueva política.

Sobre la información de infoLibre nada vamos a decir. Primero, porque el caso está sometido a secreto sumarial, y no vamos a romper nuestra política editorial de respeto absoluto a la labor de la Justicia y a su independencia. Por eso, en tanto el caso esté en fase de instrucción, no hicimos ni haremos uso de documentos que dejan al descubierto la ética del alcalde 2.0. Segundo, porque cada medio debe aguantar de su propia vela informativa. Por este lado, punto, calma y grandes dosis de tranquilidad.

En cuanto a la vomitona de Compostela Aberta, lamentamos, de entrada, su empecinamiento en el uso de la deplorable técnica nazi de repetir cien veces una mentira para hacerla pasar por verdad. No van a tener éxito. Es una mentira indigesta, y lo saben, que el nuestro sea el grupo de comunicación “máis privilexiado polos anteriores gobernos municipais do PP” (sic). Lo es que hayamos recibido “máis da metade dos recursos publicitarios do Concello”. (sic). Dice el refrán gallego que onde hai papeis, calan barbas. Pues eso: nuestros papeles, sin trampa ni cartón, están a disposición de los inquisidores de Compostela Aberta.

Provoca arcadas que el nuevo poder municipal juegue al victimismo y pretenda vendernos a Noriega como san Martiño, paladín indesmayable contra los privilegios y defensor de los intereses “do 99% da xente do común, dos de abaixo” –se ve que la sangría de votos, con casi el 30% perdido en menos de dos años, no va con ellos–, cuando la realidad de su gestión en Raxoi lo retrata como un alcalde incapaz de responder a los retos de una ciudad que es capital de Galicia, escaparate de nuestros mejores logros y meta del Camino. ¿O acaso EL CORREO se ha dedicado a llenar la ciudad de fochancas? ¿O acaso EL CORREO convirtió la gestión de los comedores escolares en un triste esperpento? ¿O acaso EL CORREO les robó la Navidad a los compostelanos? ¿O acaso...?

Dice aceptar Compostela Aberta que la labor de gobernar vaya acompañada de críticas, y recuerda que la salud democrática también se mide en la capacidad de construir medios críticos, y en la defensa de la libertad de prensa y de expresión. ¡Parole, parole, parole! El inaceptable comunicado de la organización mareante se distancia de esta sana filosofía con una catarata de insultos que van desde el penoso intento de identificar a EL CORREO con “sectores inmensamente conservadores e escuros da sociedade santiaguesa” (sic), hasta acusarnos de actos coercitivos “que rozan as máis baixas prácticas mafiosas”. Es síntoma inequívoco de nerviosismo usar el ataque sanguinario y mendaz como defensa, y delata la deleznable catadura moral de quienes sostienen al grupo de gobierno.

A Compostela Aberta le importa un bledo pisotear la ética y acusar a esta Casa de difamaciones que solo a los mareantes se les aparecen en sus peores pesadillas. Lo único cierto de toda certeza es que quien está denunciado es Noriega y que la Justicia ha apreciado indicios suficientes para no dar carpetazo al caso. ¿Por qué no denuncia el alcalde 2.0 a nuestro grupo mediático, si tanto difamamos, falseamos, eliminamos y manipulamos su gestión de (des)gobierno?

Aquí, la única campaña de acoso y derribo es la de Compostela Aberta contra EL CORREO –¿con la complacencia del alcalde 2.0?–, y los únicos que están instalados en el todo vale para conseguir sus oscuros objetivos son los sacerdotes laicos de esta nueva casta. Que sepan que los profesionales de esta Casa no somos unos intrusos, ni acabamos de llegar. Somos santiagueses, estamos a punto de cumplir 140 años de vida y aspiramos a cumplir otros tantos. Siempre al servicio de Galicia.

Con el bagaje y el sentidiño que da la longevidad, coincidimos palabra por palabra con lo que le escuchamos a un honrado y desilusionado taxista compostelano: nunca Martiño soñó llegar tan arriba, nunca Santiago pensó, ¡ay!, caer tan abajo.

Antiga sede de El Correo no Preguntoiro
Antiga sede de El Correo no Preguntoiro | Fonte: Google Street View
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

10 Gamela

Concello de Vigo ghasta pista... 1,5 millóns en 2016 en Prensa Amiga! http://vigoblog.blogspot.com.es/201... así é como algúns consiguen a paz pertetua e unha televisión local ao seu servizo...!!!

9 Gustavo

Non é unha "nova guerra", será unha nova batalla na guerra que ten El Correo contra o alcalde e o goberno de Santiago, e non "entre Martiño e El Correo". Hai que empregar as palabras con propiedade, pois significan cousas ben distintas. Martiño demostrou con documentos que o concello non pode, por lei, subvencionar ou contratar (poñer publicidade) cunha empresa en débeda con facenda ou a s. social. E por difundir iso (que é unha explicación pública dunha acción de goberno) é polo que El Correo o denuncia e pide a sua inhabilitación. Manda ca*allo na Habana!

8 Antinostrus

Esto non o arranxa nin o acortical e tiralevitas de Demetrio Pêlaez.....o cipaiomononeuronal do Nostrus poderia aproveitar para palanganear un chisco..orfo como anda, estos dias, de lamber ortos matritenses,,,,,,,,,

7 ata logo

O Correo intentou facer o mesmo que a Voz cando o do biparty. A cuestión é que non ten tanto poder. é saludable para a democracia que desapareza xa que sirve a intereses partidistas e non ao periodismo de información. Resulta patético ler como falan de liberdade de expresión cando se critican aos medios ou a periodistas determinados, mentras que os atacados no se poden defender porque fagan o que fagan atentan a liberdade de expresión.

6 Guillerme Gintonic

Non é unha nova guerra, é a mesma que ten declarada o Correo Gallego contra Martiño. Nese xornal estaban afeitos ás mamandurrias que lles daba o PPsoe