Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2017 | Actualizada ás 16:38
Un total de catro ciclistas resultaron feridos este domingo pola mañá en dous accidentes de tráfico nos municipios pontevedreses de Oia e Moaña.
Segundo indicou o CAE 112 Galicia, foron tres os ciclistas que precisaron de asistencia sanitaria en Oia. En concreto, o suceso aconteceu pouco antes das 12,00 horas, pois pouco despois o CAE 112 foi alertado dun atropelo a un pelotón de ciclistas.
Os feitos producíronse na estrada que une A Garda e Baiona, concretamente, en Viladesuso, no Concello de Oia.
Nada máis recibir o aviso, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia alertouse a Garda Civil de Tráfico, ao GES de A Garda e aos Bombeiros de Baixo Miño. Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao persoal do CAE 112 Galicia que os tres ciclistas foron trasladados en ambulancia polo persoal sanitario. Aparentemente, non revestían gravidade.
Por outro lado, un ciclista resultou ferido en Moaña sobre as 12,15 horas. Neste caso, foi un particular quen informou do atropelo un ciclista na Rúa Ramón Cabanillas, no concello de Moaña.
Inmediatamente, solicitouse a intervención de Urxencias Médicas e da Policía Local. Tamén os Bombeiros do Morrazo foron informados do suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.