Temas: COIA

Retiran a acusación particular contra Diego Lores, o activista de Coia

O policía local de Vigo que mantiña a denuncia retirouna na véspera da data do xuízo oral. A Fiscalía xa retirara a acusación con anterioridade.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/01/2017 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Diego Lores, o mozo sobre o que pesaba unha condena de tres anos e medio de prisión e 30.000 euros de multa como responsabilidade civil pola suposta agresión a un policía, non terá que ir a xuízo. Precisamente, o policía local que o denunciara acabou retirando a denuncia que tiña interposta contra el.

Diego Lores, no barrio de Coia
Diego Lores, no barrio de Coia | Fonte: Erik Dobaño

A Asemblea Aberta de Coia fixo público o documento no que o axente da policía local de Vigo manifesta en sede xudicial que "renuncia á acusación" e pide "o sobresemento e arquivo das actuacións". 

A fiscalía retirara a acusación con anterioridade ante a falta de probas, xa que toda a acusación do axente  sostíñase no seu propio testemuño e no doutro policía. O propio acusado ten insistido en numerosas ocasións –a última nunha entrevista no GC--, que non agredira ao policía.

Lores é un referente do barrio, polo seu activismo na Oficina de Dereitos Sociais de Coia. Precisamente, nesta parroquia máis dun centenar de persoas permanecían pechadas para reclamar a súa absolución.

Temas: COIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

compartir con todas as ledicia deste día...!!! https://twitter.com/gzcontrainfo/st...