Temas: MINARíA

Está a túa casa sobre unha concesión mineira?

Varios grupos ecoloxistas advirten que as novas Directrices da Paisaxe favorecen a instalación mineira incluso en zonas con paisaxes protexidas. En Galicia hai máis de 1.700 concesións mineiras aprobadas. Mapas no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2017 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Varias asociacións ecoloxistas critican o borrador de Directrices da Paisaxe de Galicia . A Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, a Asociación galega Cova Crea e a Asociación ambiental Amigos e Amigas dos Bosques “O Ouriol do Anllóns” alertan que a norma “vende as Áreas de Especial Interés Paisaxístico de Galicia á Cámara Mineira de Galicia e ás empresas do sector mineiro”.

Na súa opinión, se saen adiante estas directrices, será posíbel a instalación de minas a ceo aberto en paisaxes protexidas. Unha cuestión importante, dado o elevado número de concesións mineiras que hai no país.  Na provincia de A Coruña hai 370 dereitos mineiros solicitados, 449 en Lugo, 474 en Ourense e 422 en Pontevedra.

Dereitos mineiros solicitados /ou outorgados na provincia de Ourense / Datos do Censo Catastral mineiro de Galicia
Dereitos mineiros solicitados /ou outorgados na provincia de Ourense / Datos do Censo Catastral mineiro de Galicia

O debate sobre as directrices segue en marcha
“A meirande parte da cidadanía galega descoñece que o subsolo da súa casa tal vez podería estar xa adxudicado a unha empresa para a investigación mineira ou explotación”, alertan as citadas asociacións. Os colectivos lembran que a maioría destes permisos foron concedidos a empresas foráneas, como sucede, por exemplo, no paralizado proxecto de Corcoesto.

A Xunta abriu ao público o debate sobre as directrices. Con todo, segundo os denunciantes, non tivo en conta as aportacións. Ante esta situación, indican que están disposto a chegar a denunciar o regulamento definitivo diante da Xustiza. Na “fraude” do borrador, en opinión dos ecoloxistas, prevalece os dereitos mineiros sobre a protección da natureza e da saúde.

Dereitos mineiros solicitados e/ou outorgados na provincia de Pontevedra / Datos do Censo Catastral mineiro de Galicia.
Dereitos mineiros solicitados e/ou outorgados na provincia de Pontevedra / Datos do Censo Catastral mineiro de Galicia.
Dereitos mineiros solicitados /ou outorgados na provincia de A Coruña / Datos do Censo Catastral mineiro de Galicia
Dereitos mineiros solicitados /ou outorgados na provincia de A Coruña / Datos do Censo Catastral mineiro de Galicia
Dereitos mineiros solicitados /ou outorgados na provincia de  Lugo / Datos do Censo Catastral mineiro de Galicia
Dereitos mineiros solicitados /ou outorgados na provincia de Lugo / Datos do Censo Catastral mineiro de Galicia
Balsas con residuos como as que pretendía facer Edgewater en Corcoesto
Balsas con residuos como as que pretendía facer Edgewater en Corcoesto | Fonte: SGHN
Temas: MINARíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Carme

O Convenio europeo da paisaxe establece que o proxecto das directrices da paisaxe debe mellorar a calidade paisaxística ou como mínimo, non provocar un deterioro da mesma. Porén as actividades extractivas son incompatibles coas Áreas de Especial Interés Paisaxístico, porque eliminan con carácter irreversible a funcionalidade dos seus valores. Así que deberan revisar o proxecto.

1 josefa

Celebráronse talleres de participación da cidadanía para elaborar as Directrices da paisaxe e seleccionamos as paisaxes que merecían ser consideradas como de especial interés, para que? para despois permitir a minería a ceo aberto nelas? Hai que respetar a vontade das participantes e o convenio europeo da paisaxe.