Temas: VIDEOXOGOS

Ferrol busca lanzar mestrados en videoxogos e robótica

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentou esta semana a proposta de cinco novas titulacións nas que se traballa para implantar no Campus de Ferrol nos próximos cursos.

Por GC Emprende | Ferrol | 20/01/2017 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A Univesidade da Coruña anuncia que quere crear cinco novas titulacións en Ferrol. Para o próximo ano lanzaríanse o Grao en Xestión Industrial da Moda, con 45 prazas; Mestrado Universitario en Deseño Industrial coas especialidades de Xoias, Mobles e Automoción (20 prazas) e o Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos (20 prazas)- Xa para 2019 quedarían o Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Moda (20 prazas) e Mestrado Universitario en Informática Industrial, Automática e Robótica (20 prazas).

Julio Abalde Alonso, reitor
Julio Abalde Alonso, reitor | Fonte: udc.es

O Grao en Xestión Industrial da Moda terá dúas modalidades de impartición, unha totalmente en inglés e outra bilingüe. Os contidos irán enfocados a formar profesionais de toda a cadea da moda e parte da súa formación será en empresas deste sector.

O Mestrado en Deseño Industrial, de 120 créditos, ofrecerá tres especialidades e pretende completar a formación especializada dos titulados na Escola Universitaria de Deseño Industrial. O Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, tamén de 120 créditos, está pensado para especializar a titulados de Deseño, Comunicación Audiovisual, Informática, Enxeñaría Electrónica e Industrial, entre outros perfís de ingreso.

Estas tres titulacións solicitaranse á Xunta de Galicia en xullo deste ano para poder comezar a impartirse no curso 2018/2019. O resto das propostas irán un ano despois.

Julio Abalde Alonso presenta os plans para o campus de Ferrol
Julio Abalde Alonso presenta os plans para o campus de Ferrol
Temas: VIDEOXOGOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta