A Plataforma en Defensa do Ensino Público estuda convocar unha nova folga

Consideran que non existen "avances" na axenda educativa para a elaboración dunha nova lei de Educación que substitúa a LOMCE, paralizada polo Congreso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Plataforma en Defensa do Ensino Público mantivo unha reunión este venres na que se estudou a posibilidade de convocar unha folga para o próximo mes de marzo ante a falta de "avances" na axenda educativa para a elaboración dunha nova lei de Educación que substitúa a LOMCE, paralizada polo Congreso.

Manifestación en Vigo no día de folga xeral no ensino contra a LOMCE
Manifestación en Vigo no día de folga xeral no ensino contra a LOMCE | Fonte: CIG

Así mesmo, a través dun comunicado, a plataforma —integrada pola Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos (Confapa), Sindicato de Estudantes, Iesga, CC.OO -Ensino e Escola Viva— critica a decisión do Consello de Ministros de "acudir ao Tribunal Constitucional para intentar anular o acordo do Congreso" que "impulsa" a paralización da LOMCE.

E é que a plataforma ve neste movemento por parte do Goberno central un "desprezo pola sede da soberanía nacional", ao tempo que denuncia a "falta de actividade" da subcomisión Parlamentaria para o Pacto Educativo, que foi constituída en decembro e que "aínda non comezou" a súa actividade malia que ten "seis meses" de vixencia.

Deste modo, acusan o Goberno central de ter "pouco interese en avanzar na axenda educativa" para desenvolver unha nova lei, xa que cren que a súa "intención" é conseguir un "pacto exclusivamente político de costas á comunidade educativa".

FOLGA O 9 DE MARZO

"Non imos consentir que se exclúa do pacto ás organizacións sociais representativas dos distintos sectores da comunidade educativa", manifestan dende a plataforma, que reclama "un amplo consenso tanto político como social para desenvolver unha nova lei educativa.

Manifestación na folga do ensino
Manifestación na folga do ensino | Fonte: susobermello twitter

Así a cosas, aseguran que, unha vez pase "este período deliberativo", a plataforma convocaría unha folga xeral na Educación o próximo 9 de marzo na que buscarían a implicación de "toda a comunidade educativa galega", dende "infantil ata a universidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

e a estas alturas existe algún BORRADOR de consenso para unha nova Lei Educativa ? porque que o PP non quere cambios profundos xa o sabemos todos... mentras sigan argallando dende a OCDE en París os responsables da desfeita LOMCE: Wert & Gomendio Se non saben qué berrar na manifa do día 9 de marzo eu propóñolles esta: WERT & GOMENDIO FÓRA DA OCDE !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...